|
Ano Internacional da Astronomía |
|||
|
|
|||
|
|
COOPERACIÓN SOCIAL |
Descubre o ceo Un programa de actividades para todos os centros da USC. Coñece o ceo connosco e axúdanos a medir a contaminación lumínica en Compostela e Lugo. Roteiros nocturnos pola cidade con observacións a simple vista e con telescopios. Para contactar Astronomía na beirarrúa Programa de cooperación coas asociacións veciñais e entidades das nosas vilas e barrios, desenvolvido coa colaboración do Clube Vega. Observacións do ceo na rúa cos veciños e veciñas, coincidindo co calendario de festas. Ir á web propia. Contactar. |
|
![]() |
ESTACIONAIS |
Primavera Astronómica Obradoiros, vistas, observacións do ceo e outras moitas actividades que se desenvolverán na primavera no Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC. Ir á web propia. Contactar. Semana da Ciencia Múltiples actividades de Astronomía a desenvover durante a Semana da Ciencia (do 16 ao 29 de novembro de 2009) en Compostela e Lugo. Contactar. Obradoiro de Astronomía de carácter aberto a celebrar en Ribadeo no mes de agosto como impulso para recuperar A Casa da Ría. Contactar. |
|
![]() |
CONFERENCIAS |
A Astronomía que vén Ciclo de conferencias de divulgación con periodicidade mensual. Queres coñecer a Astronomía de hoxe e a de mañá?. Contactar. Encontros con Carl Sagan Cafés científicos mensuais coa afamada serie "Cosmos" como telón de fondo. Contactar. PECAS (Programa de extensión cultural en Astronomía): Programa de extensión cultural de longa tradición na USC, que este ano celebra as súas edicións 12º e 13ª. Ir á web propia. Contactar. |
|
|
|
OBRADOIROS |
Obradoiro de fotografía Astronómica con CCD Durante os meses de Febreiro en Marzo en Compostela Contactar. Obradoiro de recoñecemento de meteoritos Non todas as pedras caeron do ceo... pero algunhas si. Como recoñecelas?. Participa neste obradoiro en Compostela, no mes de marzo. Contactar. Cursiño/Obradoiro de Astronomía en Lugo Un cursiño aberto, con charlas e observacións astronómicas a desenvolver en Lugo no mes de xullo. Contactar. |
|
![]() |
EXPOSICIÓNS |
Exposición filatélica sobre Astronomía En Compostela, no mes de maio. Contactar. Mulleres e Astronomía Exposición sobre a contribución da Muller á Astronomia, dentro do programa "Ela é unha astrónoma", programa piar do AIA2009. Contactar. Proxección internacional da Astronomía na USC Unha mostra dos resultados científicos da USC neste amplo campo do coñecemento, a celebrar en Lugo (abril) e Compostela (outubro). Contactar. |
|
|
|
CONCURSOS |
Concurso de microrrelatos e relatos curtos Entre marzo e novembro. Contactar. Concurso de fotografía astronómica Entre marzo e novembro. Contactar. |
|
|
|
HOMENAXES |
Homenaxe a Ramón María Aller Ulloa Unha homenaxe ao fundador do observatorio astronómico da USC. Contactar. |
|
|
|
VISITAS |
Visitas guiadas ao Observatorio Ramón María Aller Coñece esta peza chave do patrimonio da USC, sede dun dos grupos máis activos en produción científica no campo da Astronomía. Todo o ano. Contactar. Galileo ensina Compostela Escoita ao propio Galileo contarche que descubriu no ceo e que lle sucedeu despois, mentres che ensina os centros da Universidade co seu telescopio. A partir do mes de marzo. Contactar. Ceos de Compostela Desfruta dos ceos de Compostela no marco das visitas turísticas á cidade e tenta albiscar a Vía Láctea, compás dos camiñantes. En colaboracón co Concello de Santiago. A partir da primavera. Contactar. |
|
|
|
PUBLICACIÓNS |
Astrónomas que fixeron historia Homenaxe a doce astrónomas sen cuxo legado non se pode concibir a Astronomía moderna. Versións en galego, catalán e castelán. Contactar. As vidas de Galileo Edición galega do cómic oficial do Ano Internacional da Astronomía "Les vies de Galilée" do debuxante suízo Fiami. Tamén dispoñíbel en inglés e francés. Contactar. As trinta constelacións máis sobranceiras do noso ceo Coñece o ceo con esta interesante publicación. Contactar. |
|