Departamento de Filoloxía Alemá



 
USC » Departamentos » Departamento de Filoloxía Alemá » Ligazóns » Busca bibliográfica
Estudantado

Plan de estudos
Materias
Horarios
Exames
Bolsas
Erasmus
Terceiro ciclo
Teses
Titorías

Departamento

Membros
Actividade investigadora
Normativa
Actividades

Ligazóns

• Busca bibliográfica
Xermanística xeral
Lingüística alemá
Literatura alemá
Alemán como lingua estranxeira
Tradución e dicionarios
Estudar en Alemaña

Busca bibliográfica en Internet

Verzeichnis lieferbarer Bücher
Aquí pódense realizar buscas por título no catálogo de libros dispoñíbeis para mercar e facer o pedido nalgunha das librerías colaboradoras. O catalogo só inclúe literatura independente.

Bibliographieren im Internet
Este sitio web recompila, ordena e comenta ligazóns para a pesquisa literaria en Internet: catálogos de libros dispoñíbeis, bibliotecas, bases de datos bibliográficas e bibliografías. Só se admiten fontes dispoñíbeis en liña e de acceso libre.

Catálogos

Bibliotheksverbund Bayern (BVB)
Portal da rede bávara de bibliotecas Gateway Bayern, que permite realizar pesquisas no catálogo común de todas a bibliotecas bávaras pertencentes á rede e tamén en outras bases de datos e catálogos en liña de todo o mundo.

Gemeinsamer Verbundkatalog (GVK)
No GVK hai máis de 25 millóns de títulos de libros, revistas e artigos. Moitos deles pódense consultar por medio do préstamo a distancia en liña ou encargar no servizo de subministro de documentos subito.

HeBIS: Hessisches BibliotheksInformationsSystem
Aquí pódense consultar os fondos das bibliotecas de Hessen e Rheinhessen. Tamén contén datos de artigos a partir de aprox.1965.

Karlsruher Virtueller Katalog (KVK)
O KVK é un meta-catálogo con máis de 500 millóns de referencias de libros e revistas en catálogos de bibliotecas e comerciais de todo o mundo.

Deutsche Bibliothek
Busca de información a nivel mundial e encarga de documentos na Biblioteca Nacional Alemá.

Staatsbibliothek Berlin
Catálogo da Staatsbibliothek, que é a meirande biblioteca científica de Alemaña.

DOKU
Neste catálogo pódense atopar referencias de todos os fondos da biblioteca universitaria de Innsbruck (incluídos artigos de revistas) a partir de agosto de 1988.

Bibliografías especializadas

Linguistic Bibliography (BL) online
Publicacións científicas de todas as áreas de coñecemento da lingüística e sobre todas as linguas do mundo. A base de datos de acceso libre contén libros, artigos e recesións.

MLA Bibliography Autoren 1981-98
A MLA é unha bibliografía especializada para todas as filoloxías modernas. Contén maiormente artigos de revistas, inda que tamén se inclúen monografías e coleccións. Tan só institucións con licenza como a USC teñen acceso aos fondos completos.

Bibliographie der deutschen Sprach- und Literaturwissenschaft 1985-95
Dende 2004 a bibliografía da lingüística e os estudos literarios alemáns publícase, ademais de nun libro, en Internet. O foco da atención recae sobre os estudos literarios, dos textos sobre lingüística só hai unha selección. A bibliografía inclúe monografías, artigos de revistas e recesións. Emporiso só se poden consultar libremente os anos 1985 a 1995.

Bibliographie zur deutschen Grammatik (BDG)
A bibliografía sobre gramática do IdS inclúe todas as publicacións relacionadas coa gramática da lingua alemá moderna (independentes ou non) aparecidas dende 1965. Permite realizar unha busca automática por título, autor, ano, lingua, lingua de contraste e palabras clave.

Coleccións de textos en liña

DigBib.Org
Pequena colección de textos en liña da literatura alemá e estranxeira.

Gutenberg-DE
O proxecto Gutenberg-DE dou o paso a Internet en 1994 e dende entón converteuse na meirande colección de literatura en lingua alemá en liña. Contén obras de máis de 450 autores dende a Antigüidade ata o século 20 e inclúe para cada autor informacións biográficas.

Procura

Subito
Servizo de subministro de documentos das bibliotecas científicas de Alemaña, Austria e Suíza. Pódenselle solicitar fotocopias de artigos de revistas ou libros, que o persoal nos envía á casa.

Algunhas librerías en liña:
Amazon
buecher.de
Zentrales Verzeichnis Antiquarischer Bücher
Antiquarische Bücher Online

Caso de que as ligazóns estean rotas ou non ofrezan información actualizada, agradecemos nolo comuniquen. Se desexan facer algunha suxestión ou crítica, diríxanse a iredoval@usc.es.

· Catálogos
· Bibliografías especializadas
· Coleccións de textos en liña
· Procura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

arriba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

arriba

 

 

 

 

 

 

 

 

arriba


Departamento de Filoloxía Alemá
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao s/n
15782 Santiago de Compostela
(+ 34) 981 563 100 - Ext.: 11853