Programa Sócrates-Erasmus
Pensaches algunha vez en vivir e estudar fóra? Desexas coñecer sitios novos, mergullarte nunha cultura diferente, descubrir outros xeitos de vivir e de estudar, facer amizades con xente de toda Europa, aprender unha nova lingua ou perfeccionar unha que xa coñeces - e todo iso ao mesmo tempo? Entón o programa de intercambio de estudantes Sócrates-Erasmus pode ser o que andas a buscar.
Dende o Departamento de Filoloxía Alemá animamos ao alumnado a que faga uso das bolsas Erasmus e se propoña o reto de cursar os seus estudos durante un ou dous cuadrimestres nunha universidade estranxeira. Isto é recomendábel dende un punto de vista académico, pero tamén como unha experiencia vital enriquecedora.
Para informarte sobre o funcionamento do programa, ver a convocatoria actual e as prazas ofertadas ou descargar os formularios de solicitude, de aceptación de praza así como o acordo de estudos, entre outros, consulta esta páxina da Oficina de Relacións Exteriores (ORE) da USC.
seguinte |