Ligazóns
Internet é, sen dúbida, o meirande provedor de información mundial. Non obstante é tanta a información, que é doado perderse nese mare magnum informativo. Ás veces resulta difícil e laborioso atopar o dato concreto que se precisa, e son moitos os que desisten no intento.
Co afán de facilitarlle ao estudantado e, en xeral, aos interesados/as na Xermanística a procura de información en Internet, creamos esta sección de ligazóns de interese. Trátase dunha selección daquelas ligazóns que consideramos máis útiles á hora da pesquisa bibliográfica ou para buscar información sobre a xermanística en xeral, a lingüística e literatura alemás, o alemán como lingua estranxeira, a tradución e os estudos e a investigación en Alemaña.
Caso de que as ligazóns estean rotas ou non ofrezan información actualizada, agradecemos nolo comuniquen. Se desexan facer algunha suxestión ou crítica, diríxanse a iredoval@usc.es. |