Materias
De conformidade co plan
de estudos vixente as materias conducentes á licenciatura en
Filoloxía Alemá son de catro tipos:
Troncais: son aquelas materias
comúns a todas as filoloxías alemás a nivel
estatal.
Obrigatorias: son as específicas da
titulación da USC que hai que cursar obrigatoriamente.
Optativas: son aquelas que se ofertan como
tal para que cada estudante configure o seu propio currículo.
De libre configuración: son as que
se poden cursar fóra da Facultade de Filoloxía e
contribúen á diversificación do currículo.
Así mesmo, e dependendo da carga lectiva de cada
materia, tamén hai materias anuais e outras que só son
cuadrimestrais.
A seguinte táboa amosa todas as materias que
imparte o persoal docente do Departamento de Filoloxía
Alemá xunto co número de créditos correspondente,
distribuídas de xeito orientativo por ciclos e cursos.
Porén, hai que ter en conta que parte das materias que hai que
cursar para acadar os créditos requiridos para a
titulación, non as imparten membros do noso Departamento. Para
ver a totalidade das materias e consultar os seus programas, aulas e
horarios podes empregar o sistema de busca de materias no portal da USC.
ver táboa
|