Terceiro Ciclo
Os estudos de Terceiro Ciclo articúlanse en
dúas etapas:
Etapa de formación: Nela
realízanse os cursos, seminarios e traballos de
investigación tutelados do programa de doutoramento. Esta etapa,
cunha duración mínima de dous anos, consta dun
período de docencia, o primeiro ano, e outro de
investigación, no que se elabora un ou mais traballos de
investigación tutelado por un doctor do Departamento. En esta
primeira etapa o/a doutorando/a deberá superar en total 32
créditos, obténdose ao final o Diploma de Estudos
Avanzados (DEA).
Para informarte máis polo miúdo sobre o
funcionamento destes estudos, sobre a elaboración da tese,
consultar os programas de doutoramento actuais e as listaxes de
admitidos, descargar formularios, etc. visita as páxinas do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación
Continua da USC.
Etapa de tese: Nesta etapa, que non ten
unha duración fixa, realízanse un traballo dirixido polo
director/a de tese que culmina coa elaboración da tese de
doutoramento.
|