Proxecto:
Deseño de instrumentos económico e territoriais para a xestión administrativa do desenvolvemento local en Senegal, Cabo Verde e Malí.
Título orixinal:
Diseño de instrumentos económico-territoriais para la gestión administrativa del desarrollo local en Senegal, Cabo Verde y Malí.
Financiado por:
AECID – Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento.
Data de comezo:
16/01/2010
Data de finalización:
16/01/2011
Equipa investigadora (USC):
- Rubén Camilo Lois González (IP), USC [Idega].
- José Antonio Aldrey Vázquez; USC [Idega].
- Mª José Piñeira Mantiñán; USC [Idega].
- Rosa Mª Verdugo Matés; USC [Idega].
- Anxos Piñeiro Antelo; USC [Idega].
- Irama Faty.
Entidades colaboradoras:
- Universidade de Cabo Verde; Cabo Verde.
- Université de Bamako; Malí.
- Université Cheikh Anta Diop; Senegal.
Resumo:
As actividades de cooperación científica e investigación entre España e África Subsahariana no marco deste Programa, teñen como obxectivo reforzar a coordinación e coherencia da política de cooperación ao desenvolvemento coa política científica e tecnolóxica, co fin de impulsar e fomentar vínculos estábeis de investigación e docencia entre grupos de investigación e docencia de universidades e organismos científicos de España e os citados países.
Este proxecto de cooperación pretende desenvolver metodoloxías que reforcen a toma de decisións a escala municipal, asesorando ás entidades locais á hora de conseguir unha optimización das inversións públicas, e que estas inversións conten co consenso da maioría dos actores sociais. Deste xeito, este proxecto redundará na creación de dinámicas de desenvolvemento endóxenas nos países da África Subsahariana nos que pretende implementarse.
Así, o proxecto que agora se presenta incide na formación de técnicos locais especialistas en planificación, co obxectivo de se familiaricen con instrumentos e ferramentas de xestión económica dos recursos das entidades locais por un lado, e de representación territorial, tales como Sistemas de Información Xeográfica, ou aplicacións de cartografía temática interactiva, por outro, co fin de que se encontren capacitados para construír modelos territoriais de optimización dos recursos a escala local.
Ademais se están a desenvolver fórmulas de cooperación científica e formativa, co fin de establecer unha rede permanente de traballo conxunto entre a USC e as tres universidades subsaharianas, rede aberta á incorporación de novos equipos de investigación vinculados a universidades e organismos de investigación, tanto en España como nos países da África Subsahariana. A área de traballo desta rede centraríase na administración pública e o desenvolvemento local, que son definidas pola AECID como áreas temáticas prioritarias para a cooperación bilateral de España e os países da África Subsahariana.
Publicacións:
