Rubén Lois, Miguel Pazos e Manuel Cabalar asisten en Santiago de Chile á Conferencia Xeográfica Rexional en Santiago de Chile que se celebra na semana do 14 ao 18 de novembro e que está organizada pola UGI.
O día 17 pola tarde, tanto Miguel Pazos como Manuel Cabalar presentan sendas comunicacións. O primeiro defende O diferente papel das representacións da montaña nas nacionalidades históricas españolas de Cataluña, País Vasco e Galicia, na sesión ‘Enfoque cultural da Xeografía’, escrito en colaboración con Rubén Lois e Valerià Paül. Manuel Cabalar, case simultaneamente, expón o traballo A aplicación do índice bioclimático PET ao noroeste de España para a delimitación de espazos con tensión térmica, na temática de ‘Climatoloxía’, da que son autores Dominic Royé, Alberto Martí e Roberto López Casal.
- O diferente papel das representacións da montaña nas nacionalidades históricas españolas de Cataluña, País Vasco e Galicia.
- A aplicación do índice PET ao noroeste de España para a delimitación de espazos con tensión térmica. + info
