Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » O Arquivo » Compromisos de calidade
O Arquivo
Presentación
Información xeral
Edificio
Publicacións
Compromisos de calidade
Normas

logo UNESCO

logo ICA

Compromisos de calidade

documento pdf Compromisos de calidade [PDF - 50 Kb]

O Arquivo Histórico Universitario ofrece os seus servicios cos seguintes compromisos de calidade:

  • Información personalizada ó investigador que asiste por primeira vez ó Arquivo sobre a estructura e contido dos seus fondos documentais, facilitándolle os medios para o acceso e consulta inmediata e dándolle atención e asesoramento por persoal especializado.
  • Entrega da documentación solicitada na Sala de Investigadores no prazo máximo dunha hora.
  • Reserva de unidades de instalación, hasta un máximo de 2 unidades durante dous días, a petición do usuario.
  • Expedición de follas de asistencia na Sala de Investigadores no prazo de 24 horas.
  • Atención ás consultas telefónicas sobre información xeral, de modo inmediato.
  • Resposta ás consultas por fax, correo postal e electrónico, no prazo máximo de 1 mes dende á recepción no Arquivo.
  • Reproducción solicitadas en Sala:
    • Fotocopias de orixinais hasta un máximo de 15, nun prazo máximo de 48 horas, sempre que o permitan as características da documentación.
    • Reproduccións de documentos xa dixitalizados hasta un máximo de 15, nun prazo máximo de 48 horas.
    • Cando se soliciten documentos non dixitalizados e que por as súas condicións non podan ser fotocopiados, o prazo de entrega  estará en función  da disponibilidade do servicio de Dixitalización.
  • Reproducción de documentos solicitados ó Arquivo por fax, correo postal ou electrónico no prazo máximo de 1 mes hasta un máximo de 100 reproduccións.
  • Entrega de copias compulsadas de documentos, non universitarios e que sirvan para probar dereitos dos cidadáns, nun prazo non superior a un mes.
  • Valoración dos documentos para exposicións temporais nun prazo non superior a 3 meses.


Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es