Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » O Arquivo » Edificio
O Arquivo
Presentación
Información xeral
Edificio
Publicacións
Compromisos de calidade
Normas

logo UNESCO

logo ICA

Edificio

foto edificioO Arquivo nos primeiros momentos non tivo edificio propio. Era como todolos Arquivos de Institucións. A súa documentación estaba gardada nunha Arca ou arcas. Pero ó longo da súa vida tivo varios emplazamentos. Na visita de Molina e Medrano nos anos 1635 e 1636 dícese que é necesario para a garda de tódolos documentos da Universidade facer una arquivo público como teñen os cabidos e mosteiros. Como resultado desta visita fíxose o arquivo na parte da sacristía do Colexio de Fonseca onde quedan postos tódolos papeis para a sua custodia.

Cando o 21 de setembro de 1769 a Universidade toma posesión do edificio dos Regulares expulsos, traslada tamén o arquivo da Universidade no mesmo acto solemne. Os papeis saíron cara o novo edificio nunha procesión na que ian tódolos graduados coas súas insignias.

foto edificioNos derradeiros anos estivo no 3º piso da Facultade de Xeografía e Historia, na Praza da Universidade, onde os locais non reunían as condicións necesarias tanto para a conservación como para a consulta dos fondos.

Dende hai tempo, a Universidade sentía a necesidade de dotalo dun edificio que reunise as condicións necesarias para a consulta e difusión dos documentos acollidos e servir así de apoio á docencia e á investigación.

foto edificioPara elo, logo de varios estudios, elexiuse o actual emplazamento sito no antiguo edificio da Casa Simeón, no casco histórico da cidade, na rúa das Casas Reais, 3 e 5. O edificio foi rehabilitado dacordo á función e uso a que se ía adicar. O solar ten 465 m 2 e a superficie edificada está perto dos 2.590 m 2 . Consta de 6 plantas, das que 3 están totalmente adicadas a depósito de documentos.

foto edificioNa planta de acceso está Recepción, a Sala de Conferencias e Exposicións, que conta cunha capacidade para 50 persoas, e o obradoiro de Restauración perfectamente equipado.

A terceira planta está dividida entre despachos, sala de xuntas, e Biblioteca. Asimesmo hai un depósito de documentación, que se atopa ben aillado das zonas anteriores.

Na última planta están as Salas de Consultas cunha capacidade de 40 plazas e unha sala de traballo para o persoal do centro.

Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es