Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » O Arquivo » Presentación
O Arquivo
Presentación
Información xeral
Edificio
Publicacións
Compromisos de calidade
Normas

logo UNESCO

logo ICA

Presentación

Dende os albores o Arquivo Histórico Universitario está ligado á fundación da Universidade e a súa consulta é imprescindible para o estudio do Ensino en Galicia en tódolos ámbitos.

Ademáis ten documentación anterior á data de fundación, producto dos documentos aportados polos fundadores para garanti-lo seu patrimonio.

imaxe interior edificio arquivoDende casi o principio hai novas da existencia do Arquivo nas Constitucións, Estatutos e nos libros de Visitas. Nelas danse normas de organización e conservación, salientando a visita do ano 1600 efectuado por D. Alonso Muñoz de Otalora.

No século XVI o Arquivo comeza a estar baixo a tutela do Secretario da Universidade, custodiando documentos que emanaban do Claustro e do propio Rector, mostra da súa doble función, directiva e docente. Neste século tamén comezan a funcionar os Colexio de Fonseca e San Xerome que continúan ata o século XIX.

Se o século XIX fixo que o Arquivo da Universidade vise incrementados os seus fondos con documentación allea a ela, pero de carácter académico como os fondos de Ensino Primario, Secundario, Escolas normáis e Especiais, entre outros, será o vizoso século XX, a partires dos anos coarenta cando comezará a contar con documentación relativa á cidade e ó seu entorno.

imaxe interior edificio arquivoEste incremento faise por cesións, depósitos, donacións e adquisicións da propia Universidade. Así ingresarán fondos procedentes da Administración de Bienes Nacionales do partido de Santiago, relativos a mosteiros e conventos, cabidos catedralicios, confrarías e outras institucións eclesiásticas ás que afectaron as leis desamortizadoras do século XIX. A partires dese momento ingresarán os fondos das antiguas Contadurías de Hipotecas e do Hospital Real.

Os protocolos do Distrito Notarial de Santiago ingresaron no ano 1969 e no ano 1993 os protocolos dos distritos de Arzúa, Melide, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes e Padrón.

O fondo do Concello de Santiago de Compostela ingresou no ano 1994. e fondos de Arquivos de empresa, Familiares e de Sociedades.

O Arquivo, que nos seus albores estivo no Colexio de Fonseca, sede da Universidade, pasóu no ano 1769 ó Colexio da Compañía, cando a institución académica toma posesión do dito colexio.

A partires da década dos oitenta foi cando o Arquivo acadou o verdadero apoio institucional que lle permite desenvolve-lo seu cometido. Ata o ano 1990 o arquivo estaba situado no terceiro andar da Facultade de Xeografía e Historia, onde os locais non reunían as condicións necesarias o que fixo que no ano 1990 se traslade ó edificio independente adicado e restaurado para este fin.

Na actualidade, estase desenvolvendo a base de datos e imaxes, que permitirá dar máis e mellor información sobre os fondos do Arquivo e consultalos vía Internet.

 

Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es