Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » Fondos » Consulta de documentos
Fondos
Consulta de documentos
Fondos documentais
Acceso web acceso web

logo UNESCO

logo ICA

Consulta de documentos

foto sala consultaPara acceder ós Servicios de Consulta é necesario estar en posesión da Tarxeta Nacional de Investigador ou dunha autorización temporal expedida pola Dirección do Arquivo.

Toda a documentación do Arquivo é libremente consultable coas limitacións que marcan as leis vixentes. Para a consulta daquela documentación que conteña datos de carácter persoal, e que non transcurriran máis de 50 anos da súa producción, tal e como establece a propria norma, será necesaria a autorización expresa de tódolos afectados.

Queda excluída da consulta:

  • a documentación en mal estado de conservación.
  • a documentación en restauración.
  • a documentación en proceso de organización.
  • a documentación prestada para mostras ou exposicións.
  • a documentación orixinal si está microfilmada ou dixitalizada.

A consulta de documentos realizarase na Sala de Investigadores, que está dotada con 30 plazas.

Nesta sala orientarase ós investigadores no manexo dos instrumentos de descripción e bases de datos disponibles en sala.

A consulta nesta sala é individual, de xeito que cadanseu usuario ocupe un único posto, non poidendo compartir unha unidade de instalación con outro usuario.

Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es