|
IX. Arquivos de empresas
| Fondos: |
Libros:1.780 |
| Legaxos:682 |
| Planos:4.000 aprox. |
|
|
| Datas: |
Séculos XIX-XX |
É unha das seccións máis modernas do Arquivo. Os fondos documentais das empresas pasaron a formar parte do Arquivo Universitario por doación, depósito ou adquisición. Entre elas, hainas adicadas ó Comercio de tecidos como a de Simeón García, Jorge de la Riva e Riva, Astola y Cia. en Santiago de Compostela e a de Isidoro de la Riva, na vila de Padrón. Simeón García adícase, ademáis, á actividade bancaria.
A industria conserveira está representada pola razón social José R. Curbera, S.A., radicada en Vigo. Yáñez y Cia é unha mostra da importancia do transporte de mercadorías por mar entre portos da península e Europa.
A sociedade Rodolfo Lama Prada, radicada en Santiago de Compostela, reflicte a importancia da construcción en Galicia a partires dos anos sesenta, aínda que ten documentación anterior a esas datas. É de destacar a importante colección de proxectos, formados por memorias e planos, moitos deles referentes a reformas en edificios de carácter monumental.
A última incorporación é o fondo documental da Sociedade mineira de Vilaodriz, hoxendía concello da Pontenova (Lugo). Estaba adicada á explotación de carbón e wolframio a ceo aberto. Esta empresa exportaba o mineral ó exterior polo porto de Ribadeo, ata onde se transportaba por un ferrocarril para uso exclusivo da empresa.
|