|
XIII. Mapas e planos
Cómponse esta Sección de tres series ben diferenciadas:
| Fondos: |
Pezas:184 |
|
|
| Datas: |
Séculos XVI-XX |
- Mapas
- Planos
- Cartas Náuticas
Son, na realidade, tanto os Mapas como as Cartas Náuticas, series facticias pois non proceden nin están separados de ningunha Sección orgánica do Arquivo. Non así os Planos, que algúns pola súa temática supoñemos separados do Fondo Universitario, outros non os podemos relacionar con ningún deles.Os planos son na maior parte de edificios de Santiago, existentes ou non. Hai que destacar, os dos Colexios de Fonseca e San Xerome, os do edificio da Universidade, casa da Inquisición, convento de Belvís, entre outros.
Entre os autores dos planos destacan Mateo López, Alonso González, Domingo de Andrade, Diego de Romay, Fernández Lechuga, etc.
Os mapas e as cartas náuticas son na meirande parte referidas á xeografía galega.
|