Escolas especiais
Incluimos nesta Sección a documentación das escolas profesionais, creadas no século XIX, que a Lei Moyano distinguía das que impartían estudos superiores.
| Fondos: |
Libros:6 |
|
|
| |
Legaxos:17 |
| |
Expedientes: 1.808 |
| Datas: |
Séculos XIX-XX |
A Escola de Veterinaria comezou a súa andadura no mes de outubro de 1882. Estivo situada no Colexio de San Clemente. A finalidade de esta escola era a de ofrecer unha sólida formación ós veterinarios. Non dependía directamente da Universidade, pero ó ser o Rector a máxima autoridade no Distrito, tiña xurisdicción sobre a Escola. Esta escola que mudou as súas instalacións ó novo edificio na rúa do Hórreo durou ata o ano 1924 en que foi suprimida. Os seus fondos documentais, bibliográficos, material de laboratorios foron trasladados á escola de León e Madrid.
As Escolas de Artes e Oficios estiveron orientadas nun principio á formación do artesanado. A primeira foi a de Ferrol, que se inaugurou no ano 1882.
A de Santiago de Compostela é consecuencia do Real Decreto do ano 1886 que constituía en Madrid unha Escola Central e sete escolas de distrito. Entre elas achábase a de Santiago, gracias ó apoio de Montero Ríos. No ano 1903 pasou a chamarse Escola Especial de Belas Artes e Industrias, aumentando así a sua categoría. A partires do ano 1912 pasou a chamarse Escola Elemental de Artes e Oficios.
As Escolas de Náutica foron creadas no ano 1850. Teñen un antecedente claro na Escola de Náutica de A Coruña que estivo baixo a protección do Real Consulado. En A Coruña e Ferrol instalouse unha Escola Especial de Náutica. Académicamente estaban incorporadas ós Institutos. No caso das escolas galegas pasaron a depender da Universidade de Santiago por non haber aínda institutos nesas cidades.
As Escolas do Notariado creáronse por Real Decreto de 13 de abril de 1844 polo que se dotan cátedras para o ensino do Notariado nas capitais onde residan as Audiencias Territoriais. Na escola de A Coruña o primeiro catedrático do Notariado foi D. Miguel Abelenda, abogado do Colexio de a Coruña que fora Rector do Colexio de Fonseca.
No ano 1851 por un Decreto do Ministerio de Comercio, Instrucción e Obras Públicas dispóñese que esta carreira pase a depender do ministerio de Instrucción Pública. Por este decreto as cátedras de escribanos que existiran nas Audiencias pasarían a depender das Universidades dos mesmos pobos e onde non houbera universidade quedarían nas Audiencias, non sendo a de A Coruña que pasará á Universidade de Santiago.
A Escola de Xordomudos foi creada no ano 1864. No ano 1905 comezouse a construir un novo edificio, obra que lle foi encomendada ó arquitecto Ricardo Velázquez Bosco. Este edificio, dende 1986 é a sede dos Servicios Administrativos da Xunta de Galicia.
- Veterinaria
- Artes e Oficios en A Coruña e Santiago
- Náutica de Ferrol e A Coruña
- Notariado
- Xordomudos e Cegos
|