Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » Fondos » Fondos documentais » Fondo Universitario » Colexios de Fonseca e San Xerome
Fondos
Consulta de documentos
Fondos documentais
Acceso web acceso web

logo UNESCO

logo ICA

Colexios de Fonseca e San Xerome

Colexio de Fonseca


Fondos: Legaxos: 38
  Libros: 11
Datas: Séculos XVI-XIX

O Colexio de Fonseca, tamén chamado de Santiago Alfeo, fundouno o arcebispo Alonso III de Fonseca. Este Colexio instalouse, dun xeito provisional no edificio que ocupaba o Hospital Vello do Señor Santiago, na rúa da Acibechería, fundado polo bispo Sisnando e dotado por Xelmírez, baleiro dende que en 1509 se abrira o Hospital Real. No ano 1529, Fonseca xa optara pola construcción dun novo edificio sobre o solar da súa familia, na rúa do Franco xunto a fonte. Posiblemente no ano 1550 fíxose o traslado a este novo edificio. No ano 1730 obtivo o privilexio de ser considerado e chamarse "Colexio Maior" ao igoal que os colexios maiores das universidades de Salamanca, Valladolid e Alcalá.

A documentación que se conserva deste Colexio é sobre todo relativa ós colexiais na que hai que salientar dúas Series: Provisión de becas (1569-1646); Expedientes de Limpeza de sangue (1571-1833). Estas últimas conteñen información da vida e costumbres dos colexiais e ademáis de dar información da vida académica son interesantes para estudios de carácter xenealóxico. As informacións ou probas de limpeza de sangue dos colexiais tíñanlas que facer os colexiais do dito Colexio, designados polo Claustro, quen ían ó lugar ou lugares onde vivían os antepasados dos colexiais. Hai tamén outra Serie de Informacións de Familiares.

Outras Series importantes son as de Libros de Capillas ou libros de Goberno, onde pode verse a vida interna do Colexio. Como curiosidade está o Libro de Recetas que contén os "menús" dos colexiais cando estaban enfermos. A documentación do Colexio podemos completala cos Libros de Claustro e libros de Visitas Reais e ordinarias da Universidade.

Outra serie a constitúen os libros de Contas.

ampliarampliar(36 Kb)
ampliarampliar(37 Kb)

Colexio de San Xerome

Era, na realidade, o parente pobre dos outros Colexios. Para ingresar neste Colexio os estudiantes tiñan que pasar un exame de Latinidade e Gramática. Os colexiais eran máis novos cós de Fonseca e San Clemente, pois cursaban os tres anos de Artes, que eran necesarios para o estudio de Teoloxía. Algúns pasaban despois ó Colexio de Fonseca.

Entre a documentación que se conserva deste colexio están os expedientes de Provisión de Becas e as Informacións de Colexiais que abranguen dende 1570 ata 1839. Cónservase, ao igoal que no colexio de Fonseca un libro que contén os "menús" dos colexiais no caso de enfermidade. Asimesmo, ao igoal que o de Fonseca, a documentación do Colexio pódese completar cós Libros de Claustro e Visitas Reais e ordinarias da Universidade. Asimesmo os libros de Contas dan idea da vida do colexio.


Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es