|
Ensino primario
| Fondos: |
Caixas:450 |
|
|
| Datas: |
1857-1940 |
Unha das Seccións máis interesantes do Fondo Universitario, que reflicte dabondo o desenvolvemento do Ensino Primario en Galicia a partires da Lei Moyano de 9 de Setembro de 1857. Esta Lei cambia o concepto do Ensino Primario, que se vai manter, ainda que con algúns cambios ata 1931. As escolas de ensino primario vanse dividir en superiores e elementais; éstas a sua vez, en completas e incompletas. O número de escolas fixábase según o número de habitantes.
É moi importante salientar as escolas privadas que sostiñan os pais de familia pagando ós "mestres" en especie. Son as coñecidas como "escolas do ferrado", nas que se pagaba un ou máis ferrados de millo, trigo, etc. Outras escolas privadas son as fundadas polos emigrantes que queren deixar unha impronta na súa terra e favorecer así á alfabetización.
Outras escolas son as que están unidas ás Sociedades de pescadores, coñecidas como escolas de Pósitos, ou de labregos. Estas escolas contan cunha normativa que dimana do regulamento da prorpia sociedade.
Unha das peculiaridades da lei é a de que o Rector vai asumi-lo control do ensino en Galicia. É a máxima autoridade e de ahí a Serie de Correspondencia entre o Rector e as Xuntas de Instrucción Pública creadas pola dita lei.
A multiplicación do número de escolas, a creación do Corpo de Inspectores, son algunhas das novidades desta Lei que amosan na documentación.
Abrangue as Series seguintes:
- Xuntas de Intruccion Pública: Comunicacións; Persoal; Centros.
- Comunicacións coa Inspección de Escolas.
- Visitas de Inspección ás Escolas de Galicia.
- Colexios privados.
- Escolas de Fundación: Pósitos e Sociedades.
- Escolas de párvulos.
|