|
Facultades
| Fondos: |
Libros: 1.063 |
|
Caixas: 8.509 |
|
Expedientes: 49.332 |
|
|
| Datas: |
Séculos XIX-XX |
Acolle documentación dalgunhas facultades antiguas como a de Teoloxía, Filosofía e Letras e de cáseque tódalas existentes na actualidade na Universidade non sendo as de máis recente creación que ainda non incorporaron os seus fondos.
Xa que logo, acubilla documentos das Facultades que están a seguir: Teoloxía, Bioloxía, Ciencias, Dereito, Económicas e Empresariais, Farmacia, Filoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación, Matemáticas, Medicina, Química, Xeografía e Historia.
Os expedientes académicos de alumnos das Facultades de Ciencias, Farmacia, Medicina e Cirurxía, Filosofía e Letras, Dereito incorporados ao Arquivo antes do ano 1980 están na Sección Xeral de Expedientes Persoais e prácticamente están todos incorporados na base de datos do Arquivo. Están tamén incluídos na base de datos os Expedientes de Teoloxía.
A documentación de cada Facultade está formada polas Series: Actas de Exames; Actas de Claustro de Facultades; Contas; Expedientes Persoais; Fundacións; Libros de Matrícula.
|