|
Biblioteca auxiliar do Arquivo
Como o seu nome indica é unha biblioteca auxiliar tanto para o investigador como para o persoal do arquivo. O usuario ten acceso ós fondos bibliográficos do Arquivo para a consulta na propia Sala de Investigadores, pois non é unha biblioteca de empréstimo. Consta de 3.957 obras de Historia e Institucións. Asimesmo ten un fondo especializado en Arquivística con obras e publicacións periódicas máis importantes nesta materia.
|