Arquivo Histórico Universitario

english version
 
O Arquivo Servizos Fondos
 
Inicio » Servizos » Arquivo Histórico Universitario » Servizos » Servizos de carácter interno
Servizos
Tarifas
Salas de consulta
Servizos complementarios
Servizos de reprografía
Biblioteca auxiliar do Arquivo
Servizos de carácter interno

logo UNESCO

logo ICA

Servizos de carácter interno

Obradoiro de Restauración de libros e documentos

Dado que a documentación do arquivo é moi abondosa acordouse xa no proxecto de obra do edificio o deixar unha parte para adicala a obradoiro de Restauración. Situado na planta baixa do edificio conta con tódolos aparatos necesarios para os diferentes procesos de restauración e encadernación. Se realizan traballos de consolidación de documentos así como os xa ditos de restauración exclusivamente para documentos do Arquivo da Universidade.


Creación de base de datos e imaxes

A necesidade de describir fondos documentais nos novos soportes e incorporarse así ás novas tecnoloxías da información fixo que o Arquivo encetase no ano 1997 unha base de datos e imaxes que ten varios fins. Entre eles salvagardar os fondos documentais en mal estado, os de consulta frecuente para evitar o seu deterioro e facilitar copias de documentos que de non estar dixitalizados non se lle poderían facilitar ó investigador.

Ademáis o acceso en liña desta base, que conta xa cun millón de imaxes, contribuirá á difusión dos fondos e facilitará a consulta dende calquer punto da xeografía.

Arquivo Histórico Universitario
Rúa Casas Reais nº5
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: 881812880
Fax: 881812885
arqivoh@usc.es