Salas de consulta
Sala de Investigadores
Para acceder a estos servicios haberá que estar en posesión da Tarxeta Nacional de Investigador, ou dunha autorización temporal que servirá únicamente para as consultaas a este centro. A Tarxeta Nacional de Investigador pode solicitarse na Sala de Investigadores do Arquivo.
Na Sala de Investigadores o usuario recibe asesoramento por persoal cualificado sobre os fondos do Arquivo e tamén pode solicitar información sobre fondos documentais doutros arquivos. Ten a sua disposición os instrumentos de descripción existentes para información e orientación ó investigador tanto en soporte papel como en soporte dixital.
Nesta Sala o investigador pode usar ordenadores e concectarse a Internet por vía inalámbrica.
Sala de Lectura en Microfilm
Conta esta sala con tres lectores reproductores de microfilm na que os usuarios poden facer directamente fotocopias dos rollos.
Sala de consulta á base de datos e imaxes.
Nesta Sala hai ordenadores nos que o investigador poden acceder á Base textual e de imaxes do Arquivo. Esta Base segue a norma internacional de descripción (ISAD) e mostra o cadro de clasificación de fondos do Arquivo. Pode solicitar directamente a reprografía das imaxes do seu interés.
Estas salas están situadas na cuarta planta do edificio. Antes do acceso ás devanditas salas o investigador.
|