O Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela créase no 1986, ó amparo da L.R.U, aínda que a presenza destes estudos remontase ós primeiros anos da década dos
40. Desde o momento da súa creación, primeiro como parte integrante da titulación de Xeografía e Historia e, desde 1993, como parte fundamental da titulación de Historia da Arte, experimentou un constante crecemento e definición.
Ó marxe das materias que se imparten na Licenciatura de Historia da Arte, este departamento asume docencia nas titulacións de Humanidades, Filoloxía Clásica, e Ciencias da Educación e Ciencias da Comunicación.
O departamento comprende dúas áreas de coñecemento diferentes -Historia da Arte e Música- ás que están adscritos 33 profesores - 6 catedráticos, 16 profesores titulares, 2 catedráticos de Escola Universitaria,
4 profesores contratados doutores, 4 profesores axudantes
doutores e 1 contratado Ángeles Alvariño- que imparten docencia en primeiro, segundo, terceiro e cuarto ciclo.
Descarga o vídeo do departamento
pulsando sobre calquera das imaxes
E accede ao vídeo da licenciatura a través deste enlace
Por outra banda, o Departamento de Historia da Arte é responsable do Programa de Doutoramento
Estudios sobre Arte e Música, que inclúe nos dous anos da etapa de formación varios cursos e traballos de investigación tutelados impartidos e dirixidos, respectivamente, por profesores do citado Departamento. Este programa permite o acceso á capacitación en investigación, así como á realización de teses de doutoramento, ademais de colaborar en diversos cursos de posgrao e mestrados relacionados coas súas áreas de coñecemento.
Participa asimesmo coma co-coordinador nos programas de
doutoramento con mención de calidade de Música na
España contemporánea, As cidades do Arco Atlántico
y Idade Media: imaxes, textos e contextos. A potencialidade investigadora do Departamento de Historia da Arte permítelle contar con grupos de investigación consolidados -tanto con financiamento autonómico como nacional- en liñas de investigación punteiras e modernas. Tamén facilitou a posibilidade de proxectar a dita capacidade en diversos proxectos de xestión, desenvolvemento, avaliación, exposición e información de diferentes actividades vinculadas coa arte e coa cultura galega durante os últimos vinte anos.
Desde este punto de vista, o labor de formación e desenvolvemento científico desempeñado polo Departamento de Historia da Arte converteuse nun referente constante nas tarefas de investigación, xestión e difusión do patrimonio cultural galego.