|
Presentación <
Novidades
<
Persoal
<
Proxectos de investigación <
Revista Quintana <
Homenaxes <
Docencia <
Teses doutorais <
Memoria de actividades <
Contacto < |
|
|

Persoal
» Folgar de la Calle, José María
Profesor titular de Historia da Arte, especializado en Historia do Cinema. Imparte docencia de Historia da Cinematografía na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 1972. Pertence á Asociación española de historiadores de cinema, da que foi un dos seus coimpulsores en 1988.
O seu campo de traballo abrangue aspectos como o das orixes do cinema, en Galicia, eido no que defendeu en 1985 a súa tese de doutoramento, que tivo como director ó prof. A.L. Hueso Montón, -unha parte da mesma foi publicada dous anos despois en Santiago, pola USC, co título Aproximación a la historia del espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1920)-, ou aspectos como o recoñecemento da laboura do fotógrafo coruñés, Joseph Sellier, na implantación do cinematógrafo en España, pesquisa historiográfica compartida co profesor J.L. Castro de Paz, da Universidade de Vigo e co investigador Jon Letamendi. Tamén, análises de filmes que gardan algunha relación coa historia ou coa cultura galegas, a dirección de traballos de documentación televisiva, no arquivo da Radiotelevisión Española en Galicia, ou con A.L. Hueso, a codirección de traballos de documentación cinematográfica galega, patrocinados e publicados parte dos seus resultados polo Centro de Investigación en Humanidades "Ramón Piñeiro", en dous volumes, en 2000 e en 2002.
En colaboración coa investigadora R. Martín Sánchez, na revista Semata, da Facultade de Xeografía e Historia, ven publicando nos últimos anos artigos cinematográficos relacionados co tema de cada número monográfico. Co gallo do centenario do espectáculo de cinema en Santiago no ano 2000, promoveu a edición facsimilar do libro X de Ars Magna Lucis et Umbrae, do xesuíta Atanasius Kircher (un clásico da precinematografía), sobre o exemplar conservado na Biblioteca Xeral da USC. En proxecto, en colaboración co prof. X. Nogueira, está a elaboración dunha biografía sobre o empresario Isaac Fraga.
|