|
Presentación <
Novidades
<
Persoal
<
Proxectos de investigación <
Revista Quintana <
Homenaxes <
Docencia <
Teses doutorais <
Memoria de actividades <
Contacto < |
|
|

Persoal
» Nogueira Otero, Xosé
Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, foi bolseiro de Terceiro Ciclo e Predoutoral neste mesmo Departamento, do cal é profesor desde 1997. En 1991 comeza a desenvolver actividades de investigación no campo da Historia do Cine no seo de diversos equipos, traballando en proxectos para diferentes organismos e institucións (Comisión Interministerial de la Ciencia y la Tecnología; Centro Ramón Piñeiro de Investigacións Lingüísticas e Literarias; Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia; Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia; Consello da Cultura Galega; Ministerio de Ciencia e Innovación).
Membro da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC) dende 1997 e do Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago de Compostela (CEFILMUS) dende 2003, do que é Secretario. Membro dende 2005 de Hispanística XX. Centre d’Etudes et de Recherches Hispaniques du XXème siècle (Université de Bourgogne).
Impartiu ou imparte docencia nos seguintes másters oficiales: Máster en Técnicas de Gestión Integral del Patrimonio Cultural; Máster en Arte, Museología y Crítica Contemporáneas; y Máster en Estudios Comparados de la Literatura y la Cultura.
Ten exercido como poñente e conferenciante en máis de corenta Cursos, Seminarios, Foros, Congresos e Xornadas celebrados en diversos lugares (Galicia, España, Portugal, Francia).: Club Faro de Vigo, 1997; Simposio Internacional “Cen anos de Cine”, A Coruña, 1998; Seminario “A emigración galega e o audiovisual”, Santiago, 1998; VII Ciclo de Conferencias “Historia de Galicia”, Ourense, 1998; 1ª Mostra de Cinema Latinoamericano, 1999; VIII Congreso Internacional da Asociación Española de Historiadores do Cine, 1999; Xornadas “Cine e emigración” do Arquivo da Emigración Galega, Santiago, 2002; “Obradoiro de cine: David W. Griffith”, Pontevedra, 2002; Seminario “As tradicións populares no cine español. O cine español na busca do seu público”, A Coruña, 2002; Seminario “La nueva mirada del cine español”, Centro da UIMP en Galicia, 2003; Seminario “A produción audiovisual galega dende a posta en marcha da Televisión de Galicia”, Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, 2004, ou nos Ciclos “Ideas sobre cine. José Luis Guerín” e “EspeculacCións. A historia da arte como fonte para a arte contemporánea”, CGAC, 2005; tamén “Percorrido histórico polo documental en Galicia”, impartida dentro do Curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo “Documental. Imaxinar a realidade” (2006); “Relacións Documental/Cidadanía no cine feito en Galicia”, impartida dentro do Foro da Cidadanía a da Comunicación organizado polo Grupo de investigación Cidadanía e Comunicación (CIDACOM) en colaboración coa Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC), 2006; entre outras .
Entre as súas Comunicacións: José Sellier y las primeras filmaciones gallegas. Estado de la cuestión y nuevas aportaciones documentales e Galicia años 10: hipótesis, tipologías, análisis del material conservado (ambas xunto con José Luis Castro de Paz e José Mª Folgar de la Calle), no congreso “A propósito de Cuesta. I Congreso sobre los comienzos del cine español (1896-1920)”, organizado polo Institut Valencià de Cinematografia Ricardo Muñoz Suay (IVAC-La Filmoteca), celebrado en Valencia do 24 ao 26 de outubro de 2005; ou El papel de la Televisión de Galicia (TVG) en la configuración del panorama audiovisual gallego a lo largo de las dos últimas décadas, no Colloque International “Parcours et repères d’une identité régionale: la Galice au XXe siècle”, organizado polo Centre d’Etudes et de Recherches Hispaniques du XXème siècle HISPANISTICA XX (Université de Bourgogne) coa colaboración do Instituto Cervantes de Lyon (Dijon, novembro de 2005; Construcciones y reconstrucciones fílmicas de la memoria en España (desde la Guerra Civil hasta el Año de la Memoria Histórica, pasando por el Franquismo), no Colloque International “Memoire(s)”, Hispanística XX (Dijon novembro de 2007); ou Rupturas y continuidades. Otras formas de ver y representar en las artes audiovisuales españolas desde la Transición, Colloque International “Transmission / Transgression”, Hispanística XX (Dijon, novembro de 2009).
Tamén participou, entre outras, en Mesas Redondas como as co-organizadas en 2001 polo Centro Galego de Artes da Imaxe “10 anos de cine galego”, “Homenaxe a José María Nunes” e “Colaboración entre universidades y archivos”, que tivo lugar o 16 de novembro de 2006 dentro do X Seminario-Taller de Arquivos Fílmicos: “Recuperar, identificar, restaurar e difundir o cine producido antes de 1920”; nas mesas redondas “A oferta de formação cinematográfica e audiovisual no Noroeste da Península” (2003) e Cinema e Migrações (2006), dentro Jornadas de Cinema e Audiovisual de Fafe (Portugal); ou na mesa redonda de Teóricos celebrada no seo do Curso de Extensión Universitaria “Cine e literatura. Casares e o cine”, Universidade de Vigo-Fundación Carlos Casares, 2004.
Asemade, impartiu cursos noutras Universidades (Oviedo, Bourgogne) e ámbitos: “Cine Español” no XIII Curso de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela; “O cine documental” no curso especializado Técnicas de Escrita de Guións Audiovisuais para a Asociación Galega de Guionistas; “Aprender ver cinema” para os Centros de Formación e Recursos de Vigo e Ourense; e “O relato mítico no cinema. A súa configuración na mitoloxía clásica e postclásica estadounidense e a súa reconsideración no cinema moderno europeo”, impartido dentro do curso de formación do profesorado O argumento mitolóxico no relato cinematográfico, de Homero a John Ford, para o Centro de Formación e Recursos de A Coruña, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; os Seminarios “O cine galego desde a II República ata os nosos días” e “Historia da animación” para os Cursos de Formación de Monitores en Audiovisual do Consorcio Audiovisual de Galicia; ou as sesións O cine e as vangardas históricas I. Do lado do cine e mais O cine e as vangardas históricas II. Do lado da arte, dentro do Curso “O cine na fronteira das artes plásticas”, organizado polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) e desenvolvido entre outubro de 2005 e xaneiro de 2006.
As súas actividades tamén abrangueron a dirección e coordinación de cursos na USC (foi o Coordinador pola USC duarnte o bienio 2003-2005 dos Obradoiros de Cine “Xoves, sesión continua”, coorganizados coa Asociación Galega de Guionistas e as Universidades de A Coruña e Vigo. Director do Curso de Verán da USC “Cine e Nación” (2006).
Desde 2007, deseña e dirixe o Curso “Televisión e Ficción”, unha convocatoria anual que camiña cara a súa cuarta edición.
Asimesmo, presidiu o xurado do I Premio de Guións Cinematográficos Galicia-Portugal organizado polas Xornadas de Cine e Video en Galicia (XOCIVIGA) na súa edición de 2002. Membro do Xurado de Documentais do 11 Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (4-11 de novembro de 2006). Membro do Xurado da sección “Olhares Frontais” dos VII Encontros de Viana – Cinema e Vídeo (7-13 de maio de 2007, Portugal) e do VI Festival Internacional de Curtametraxes CURTOCIRCUITO (Santiago de Compostela, Octubre 2009).
Formou parte da Comisión Asesora que elaborou o Libro Branco do Sector Audiovisual en Galicia (2005), promovido pola Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (Xunta de Galicia). www.observatorioaudiovisual.org.
Vogal na Comisión de Valoración da Convocatoria de Axudas 2007 para a Promoción e Difusión do Patrimonio Audiovisual Galego (Liña A: desenvolvemento e organización de Festivais dentro da Comunidade Autónoma de Galicia). Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia.
Colaborador en distintas publicacións –as revistas especializadas Vértigo (1992-1998), Cuadernos de la Academia, AG. Revista do audiovisual galego, Cahiers du cinéma. España; o semanario A Nosa Terra; publicacións culturais e científicas como Grial e Hispanística XX, ou a Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo Edicións-, participou en edicións como Cine de vangardas 1915-1917 (1993), Filmografía Galega. Longametraxes de Ficción (1997), Catálogo del cine español. Películas de ficción 1941-1950 (1998), Cien años de cine. Historia, Teoría y Análisis del texto fílmico (1999), Diccionario do cine en Galicia 1896-2000 (2001), Técnicas de escrita de guións audiovisuais (2002), Obradoiros de Cine Clásico (2003), Iniciación ao audiovisual (2004), Libro Branco de Cinematografía e Artes Visuais en Galicia (2004) e Suevia Films–Cesáreo González. Treinta años de cine español (2005; Premio da AEHC á Mellor Obra Colectiva 2006), Dicionario do cine en Galicia, 1896-2008 (2009), ou Cine y Guerra Civil. Nuevos hallazgos. Aproximaciones analíticas e historiográficas (2010). Coordinou a edición do número monográfico “O audiovisual galego” da revista Grial (2002) e coeditou o volume Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións (2006). É autor de O cine en Galicia (Vigo, 1997).
Enlaces:
www.cefilmus.es
|