|
Presentación <
Novidades
<
Persoal
<
Proxectos de investigación <
Revista Quintana <
Homenaxes <
Docencia <
Teses doutorais <
Memoria de actividades <
Contacto < |
|
|

Persoal
» Rodríguez González, Miguel Anxo
Profesor de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia, está especializado en Teoría da Arte e Arte Contemporánea. Doutorouse o ano 2004 cunha tese que leva por título Os materiais: procesos e formas na escultura galega contemporánea (1940-1994), na que se analiza a relación entre procesos de traballo, materiais e estilo na escultura deste período, co trasfondo dos debates estéticos e ideolóxicos do contexto galego na segunda metade do século XX. O seu traballo de investigación encádrase na Historia Social da Arte, abordando distintos ámbitos da realidade artística deste mesmo período: escultura, formación artística, e relacións entre arte, ideoloxía e políticas culturais.
Ten realizado estadías de investigación no Europees Keramische Werkcentrum (EKWC) da cidade holandesa de s-Hertogenbosch, en 1998, estudiando este centro de creación e experimentación en cerámica, e na Winchester School of Art (University of Southampton, Reino Unido), en 2005. Como resultado destas investigacións publica o libro S-Hertogenbosch – Sargadelos. A creación en cerámica a través de dúas institucións (Ediciós do Castro, 2000), e en 2006 artigos de investigación sobre as radicais transformacións na educación artística décadas dos sesenta e setenta no ámbito británico.
Levou a cabo colaboracións para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) desde 1997 en forma de conferencias ou talleres (dirección do Curso de iniciación á arte contemporánea para profesorado de primaria, en 1997, conferencias nos ciclos “EspeculacCións”, en 2005, “Novas estéticas da paisaxe” e “Cadernos do paseante”, ambas de 2006); así como textos e documentación para exposicións (“Lodeiro”, en 2007, “Distancia Crítica”, “Espazodocumental.net”, ambas en 2008).
En abril de 2004 organiza o ciclo de conferencias I Xornadas sobre espazos de creación contemporánea, xunto con Emanuela Saladini e Yolanda Pérez Sánchez. Este celebrouse en Santiago de Compostela e formou parte das actividades culturais da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (Unión Europea). Foi director en 2009 do Curso de Verán “A espectacularización da cultura” (Universidade de Santiago de Compostela), onde se analizaron as políticas culturais nos inicios do século XXI, a súa relación coa noción de ‘espectáculo’, e as prácticas alternativas de cultura crítica. Foi coordinador do máster Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela, nas súas catro primeiras edicións (entre os anos 2007 e 2011). Publicou, ademais, crónicas e críticas de arte contemporánea na revistas Interesarte, Arte y Parte e Artnotes.
Principais
publicacións:
- S-Hertogenbosch – Sargadelos. A creación en cerámica a través de dúas institucións, (libro) Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 2000
- Índice documental de escultores galegos do século XX (CD-Rom), Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2002.
- “Escultores vascos y gallegos frente a los oficios populares: aproximaciones a otra tradición”, Matèria. Revista d’Art, Universitat de Barcelona, vol.3, 2003.
- “La excepción creativa. Distintos modos de considerar la creatividad en el arte”, Cuadernos de arte, Universidad de Granada, vol. 35, 2004.
- Espacios de creación contemporánea (co-editor do libro), Conferencia das Cidades do Arco Atlántico - Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2005.
- “Irreverencia, reforma y revolución. Escuelas de arte británicas en los 60”, Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte, Universidad Autónoma de Madrid, vol. XVIII, 2006.
- “Real, demasiado real. Fotografía do lado escuro da vida”, A Trabe de ouro, vol. 65, Santiago de Compostela, 2006.
- “De mujeres y máscaras: lo grotesco y la cuestión del género en el arte actual”, Semata. Ciencias socialis e humanidades, nº 20, Universidade de Santaiago de Compostela, 2008.
- “Da autoxestión ás políticas culturais: a arte galega nos anos da transición”, Quintana. Revista do Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela, nº 9 2010.
Proxectos de investigación
Título do proyecto: Arte do século XX en Galicia: a escultura. Fontes e documentación
Entidad financiadora: Xunta de Galicia.
Duración, desde: 9/1997 hasta: 9/1999.
Investigador responsable: María Luisa Sobrino Manzanares.
Título do proyecto: Análise dos procesos de creación escultórica: Un programa de innovación tecnolóxica aplicado á Historia da Arte. Escultura galega contemporánea. Entidad financiadora: Xunta de Galicia.
Duración, desde: 9/1999 hasta: 1/2002.
Investigador responsable: María Luisa Sobrino Manzanares.
Título do proyecto: Paisaje urbano e industria cultural en el Eje Atlántico: 1993-2005 Entidad financiadora: Ministerio de Educación y Ciencia.
Duración, desde: 10/2006 hasta: 10/2009.
Investigador responsable: María Luisa Sobrino Manzanares.
Título do proyecto: Canles alternativas de creación experimental. O Eixo Atlántico (1975-2010). Entidad financiadora: Xunta de Galicia. Duración, desde: 10/2010 hasta: 2/2013.
Investigador responsable: María Luisa Sobrino Manzanares.
|