Identificarse |
Xornadas DescubreLinux 06Con motivo do inicio do segundo cuadrimestre, AULUSC ten programadas en colaboración coa ETSE, unhas xornadas para aqueles que estean interesados en aprender a instalar e a dar os primeiros pasos con GNU/Linux. O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de Linux. Por este motivo, organizamos unha install party a través da que ensinar como instalar Linux no teu equipo de traballo, ofrecendo a nosa experiencia e atendendo tódalas dúbidas que aparezan durante o proceso de instalación. E despois, programaranse varios talleres para coa idea de que lle perdas o medo a Linux e poidas sacarlle o maior proveito a este sistema operativo. Estas xornadas tamén están especialmente dirixidas ós alumnos de primeiro curso da Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, posto que neste segundo cuadrimestre asignaturas como Metodoloxía e Tecnoloxía da Programación recomendan que o alumno dispoña de un sistema Linux no que desenrolar as súas prácticas. Programa de actividadesAs xornadas DescubreLinux06 organízanse en unha install party e tres talleres sobre GNU/Linux. As actividades das xornadas son, por orde cornolóxico, as seguintes:
A install party realizarase na aula I8 (situada DEC) da Escola Técnica Superior de Enxeñería. Os talleres serán impartidos nas seguintes semanas na aula I1 da escola. O horario, salvo imprevistos, é para todas as actividades o mesmo, entre as 12 e as 14 horas. Estas xornadas están abertas a calquera persoa que estea interesada en dar os primeiros pasos con Linux. No obstante, en caso de que houbese problemas de aforo, os alumnos da ETIS e os socios da asociación terán preferencia. A asistencia á install party e ós talleres é libre e gratuíta. >_Cartel DescubreLinux 06 email this page | versión para imprimir | 2758 lecturas
|
Últimas mensaxesSindicar |