Install Party 06

Esta actividade tenta ser unha primeira toma de contacto cunha das partes que resulta máis difícil aos usuarios noveles no mundo de GNU/Linux, a instalación e configuración básica do sistema operativo.

Nesta install party farase unha instalación dirixida de Ubuntu (unha distribución de Linux baseada en Debian), para que cada asistente que traia o seu ordenador poida instalar máis facilmente linux. Explicaranse detalladamente os pasos necesarios para a instalación e tentaremos respostar ás distintas dúbidas que se presenten.

Puntos a ter en conta:

  • Cada asistente, debe realizar previamente unha copia de seguridade dos seus datos, porque calquera instalación de un novo sistema operativo implica sempre algún risco.
    Se o equipo non dispón dunha partición no disco que se poida empregar para instalar linux, haberá que redimensionar as particións (para isto usaremos o gparted) do disco duro. Gparted non ofrece un 100% de garantías sobre todo con sistemas de ficheiros propietarios, por iso principalmente convén realizar unha copia de seguridade antes.
  • Para unha atención máis efectiva, é interesante que cada participante nos remita un listado co distinto hardware que ten no seu pc, porque isto simplificará a instalación. Hai fabricantes que non dan soporte a linux, e é necesario buscar drivers substitutos para eses dispositivos. Canto máis detallada sexa a lista, máis fácil nos será buscar información respecto ós distintos dispositivos do voso equipo.



>_DescubreLinux 06.