User login |
Submitted by diegorm on Tue, 2009-06-09 16:54.
II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09Curso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009 Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009. Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. Submitted by diegorm on Thu, 2009-06-11 08:37.
A Revolución do Software Libre - Curso da Universidade de VeránOs últimos dez anos veñen tornando a atención do público cara un proceso global que comezou en 1983 coa iniciativa dunha persoa que foi quen de a debullar nas suas ramificacións filosóficas, éticas, técnicas e económicas ata cambiar profundamente a industria da informática e a relacción que millóns de usuarios en todo o mundo teñen cas tecnoloxías asociadas a esta. Pola profundidade e dramatismo destes cambios, o xeito en que están a se propagar mais aló dos eidos orixinais nos que foran pensados e a obrigar a que empresas, institucións gobernos e persoas se reprantexen certos aspectos da sua percepción do mundo cabe falar, en propiedade, dunha auténtica Revolución do Software Libre. Submitted by fabian on Sun, 2009-03-01 18:22.
Install Party 2009A Install Party 2009 é unha actividade financiada pola Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC e organizada pola Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC), na que se axuda aos participantes a instalar un sistema operativo GNU/Linux no seu equipo (portátil ou sobremesa) de xeito que ao final da actividade teñan un sistema operativo plenamente funcional, con todo tipo de aplicacións libres tanto de traballo (ofimática, desenvolvemento de software, deseño gráfico, multimedia, ...) como de ocio e diversión. A actividade está aberta a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, mais terán preferencia os estudantes de primeiro curso de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da USC. Submitted by xulio on Wed, 2008-09-10 15:15.
Dúas consolas de código abertoUltimamente recóllese en múltiples noticias a nova consola de Gamepark Holdings, terceira revisión da serie GP2X; mais penso que en varios medios se esta obviando que non é a unica. Concretamente comentar que existe outra digna cando menos de mención, que incorpora teclado, conectividade inalámbrica e incluso se pode presentar como unha alternativa aos ultra-portátiles nacida para ser usada en Linux: Pandora Submitted by jal on Wed, 2008-05-21 14:20.
Convocada a primeira edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open SourceLogo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08 Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto. Submitted by fabian on Fri, 2007-09-07 12:33.
II Xornadas de Software Libre na USCOs días 20 e 21 deste mes de setembro realizaranse as "II Xornadas de Software Libre na USC", un evento de referencia para a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Ceibe.
Submitted by BLuEGoD on Mon, 2007-03-05 22:16.
Representación de la USC en el I Concurso Universitario de Software LibreEntre los 93 participantes del Concurso Universitario de Software Libre tenemos un proyecto llamado AulaChat siendo el único presentado de la USC. El proyecto está desarrollado desde el inicio del concurso desde cero, e intenta proveer un sistema de comunicación alumno-profesor basado en un protocolo propio. Actualmente queda un mes para finalizar el plazo del concurso, y el proyecto aunque no estará finalizado, se espera lanzar una versión medianamente funcional antes del final del concurso para poder probar algo estable, al menos en el servidor donde se está programando, para que la gente pueda conectarse y probarlo. Xornadas DescubreLinux 07![]() Por segundo ano dende AULUSC e coa colaboración da ETSE organizamos unhas xornadas para aqueles que estean interesados en dar os primeiros pasos con GNU/Linux. O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de tanto do sistema operativo como de software libre. Para elo organizamos unha install party na que che axudamos a instalar Linux no teu equipo de traballo. Tamén realizaremos diveros obradoiros e mostras ( 2 horas aproximadamente) para que perdas o medo e coñezas as posibilidades de traballo sobre este sistema operativo. read more | 3358 reads
Submitted by diegorm on Thu, 2006-12-14 11:45.
Conferencia sobre Software Libre en MatemáticasO próximo xoves 21 de decembro terá lugar a conferencia "Recursos de Software Libre para la Simulación Numérica en la Investigación y la Docencia" a cargo de Ana Ferreiro Ferreiro. A conferencia será no Seminario 2.1 do Departamento de Matemáticas da Facultade de Informatica da Universidade de A Coruña, pero poderase seguir mediante videoconferencia na Aula de Videoconferencia da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Submitted by tecedor on Wed, 2006-11-29 21:10.
Convocatoria de Asemblea Xeral OrdinariaConvocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria: Tal como establecen os artigos 17, 18 e 19 dos estatutos da AULUSC: Primeira convocatoria: 19:30 horas. O orde do día é o seguinte: 1º Aprobación da acta da anterior asemblea. |
Lastest PostingsSyndicate |