Benvido

É un placer convidarte a participar en esta primeira edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source.

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido.

Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.

Lugar e datas

As xornadas estructúranse en varios obradoiros e conferencias que serán realizados durante os días 17 e 18 de Xullo de 2008 nas aulas de ETSE situadas no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (GPS: 42°52'37.5"N 8°33'28"W).

Plazas e inscripción

Limitados polo aforo e polo material necesario para realizar as montaxes, para asistir ás xornadas é preciso realizar unha inscripción. O número total de prazas é de 24 que poderán ser cubertas de forma individual ou por parellas (cada parella só ocuparía unha praza e so recibiría un kit de material). Ademais para seguir os obradoiros con fluidez é necesario ter uns coñecementos mínimos de programación en calquera linguaxe.

Para facer o máis ecuánime posible o proceso de inscripción, este realizarase en dúas etapas: