|
|
|
|
|
O
Observatorio Astronómico
Ramón María Aller
da Universidade de Santiago de Compostela foi fundado en 1943 polo
Dr. D. Ramón María Aller Ulloa
como continuación do Observatorio particular que tiña en
Lalín (Pontevedra).
Dende entón, as súas investigacións deron lugar
a numerosas
publicacións científicas
recollidas tanto en revistas internacionais como españolas.
Dende 1982, o Observatorio levou a cabo 13 proxectos de investigación,
gracias os cales, os seus astrónomos poideron desprazarse a outros
Centros Astronómicos de Europa, América e Asia. Tamén
asináronse 4 Convenios e organizáronse diversos
congresos científicos.
Hoxe en día no Centro estáse a editar con periodicidade
cuatrimestral, a
Circular de Información
da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional.
A biblioteca
é unha das mais completas de España no seu xénero. Entre 1991 e 2002 desenvolveuse en convenio coa Xunta de Galicia o proxecto científico do Observatorio Astronómico de Monte Faro e as súas instalacións complementarias. Prof. Dr.José Angel Docobo Durántez
|