COORDENADAS XEOGRAFICAS : LATITUDE = +42º52'31''8 ;
LONXITUDE = -0h34m14s26 ;
ALTITUDE = 240 m.
E un Centro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dependente do Vicerrectorado de Investigación e Innovación.
As súas principias funcións son a investigación, a docencia, as actividades de extensión cultural e a colaboración do Instituto Nacional de Meteoroloxía.
Nos seus 60 anos de
historia nas súas instalacións efectuáronse un sinfín de observacións dos mais variados fenómenos astronómicos e a maioría das investigacións levadas a cabo foron e son recollidas en publicacións de prestixio internacional.
Independentemente dos alumnos da USC que nel realizan as prácticas ou participan noutros programas, o Observatorio pode tamén ser visitado por grupos de escolares, asociacións, etc. mediante a correspondente solicitude (tel: 981-592747).
Aténdense asimesmo peticións de certificación de fenómenos astronómicos (fax:981-597054 ; e-mail: oadoco@usc.es).