ACTIVIDADES DE ASTRONOMÍA NA SEMANA DA CIENCIA
Do 10 ó 23 de novembro de 2008
OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER (OARMA)



Financiación: IN.CI.TE.(programa diverciencia)e
Dirección xeral de I+D+i. Consellería de Industria e Innovación XUNTA DE GALICIA

Contacto: Teléfono: 981 592747
E-Mail: pedropablo.campo@usc.es 


* ASTRONOMIA PARA NENOS E NENAS. Levaránse a cabo dúas sesións,  nas que se realizarán xogos didácticos e 
manualidades, visita ós telescopios e observación se as condicións meteorolóxicas o permiten. Plantéxase este ano
como novidade a elaboración de material didáctico que se entregará de xeito gratuito a todos os nenos participantes
e que se porá a disposición da sociedade de xeito libre a través da páxina web. Terá lugar os domingos 16 e 23,
de 17.30 a 19.30.

* VISITAS GUIADAS O OBSERVATORIO. Catro días á semana, despois do horario laboral, nas que se fará unha pequena 
presentación da historia e funcións actuais do OARMA, amosaranse as instalacións e os telescopios, polos que
se observarán diferentes corpos celestes, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
Se estas non son propicias
farase unha observación “virtual” con programas de software libre. Terá lugar  os martes 11 e 18 e mércores 12 e 19
de 21.00 a 0.00 e os venres 14 e 21 e sábados 15 e 22 de 19.00 a 1.00

* ASTRONOMIA ITINERANTE. Ofertarase a posibilidade de facer observacións públicas e charlas divulgativas en centros 
sociais e educativos, Concellos e outras institucións que así o soliciten. A duración das observacións será de dúas
horas e a das charlas de unha hora.

* CURSIÑO DE INICIACION A ASTRONOMIA. De oito horas, das que catro serán de observación, tanto con telescopios como 
a simple vista cos planisferios. Tratarase sobre todo do Sistema Solar e a posición nel da Terra, da exploración
espacial e os seus beneficios. As sesións teóricas terán lugar os luns 10 e 17 e os xoves 13 e 20, de 20.30 a 21.30.
As sesións de observación estableceranse nos días nas que as condicións meteorolóxicas sexan óptimas.

* OBRADOIRO DE MANEXO DE TELESCOPIOS. Un feito recurrente co que nos atopamos é que moita xente que accede a un 
telescopio, ben coma agasallo, ben por mercalo, logo non lle saca rendemento debido a que en xeral as instrucións
de montaxe e utilización son pouco precisas. O obradoiro será o sábado 15 de 18.00 a 21.00 no OARMA, de xeito que
ó remate da actividade os participantes terán a oportunidade de facer observacións cos seus telescopios ou cos do
propio Centro.

* OBRADOIRO DE RECURSOS ASTRONOMICOS NA REDE E SOFTWARE LIBRE DE ASTRONOMIA. 
Dende logo o sector das telecomunicacións é algo que non se debe obviar na actualidade, en especial a importancia
da internet na difusión do coñecemento. Así se plantexa un obradoiro sobre os recursos na rede de maior relevancia,
ademáis de programas libres de Astronomía, dos que nos últimos anos estanse desenvolvendo máis e de maior calidade,
e que son unha ferramenta moi importante á hora de achegarse o mundo da Astronomía. Será o venres 21 de 17.00 a 20.00
e se celebrará nunha aula de informática da Facultade de Matemáticas, onde os asistentes poidan utilizar eles mesmos
estes programas.

* EXPOSICION DE POSTERS divulgativos sobre a Terra e o Sistema  Solar, onde se poña de manifesto a relación da Terra 
cos diferentes astros e os efectos que estes producen sobre o noso planeta, como poden ser as mareas, as auroras
polares, etc. A exposición comezará o día 10  e se manterá ata o remate das actividades.

* CONFERENCIA: “O EVENTO DE TUNGUSKA UM SÉCULO DEPOIS” por Manuel Andrade Baliño, día 19 de novembro ás 18:00 no 
Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (Lugo) e día 20 de novembro ás 18:00 no Salón de Graos da Facultade
de Matemáticas (Santiago).

* CONFERENCIA: “ASTRONOMÍA E METEOROLOXÍA: O QUE PODEMOS VER NO CEO”, por José Ángel Docobo Durántez e Santiago 
Pemán García,  o día 15 de novembro ás 18:00 na Biblioteca Municipal de Vedra.