|
Curso de Verán Actividades de Astronomía nos concellos versus Contaminación Lumínica
|
|||||
|
|
Na vila de RIANXO do 8 ao 12 de XULLO de 2008 Un espazo de encontro para poñernos ao día sobre o problema da Contaminación Lumínica e as posibilidades da Astronomía como ferramenta de dinamización sociocultural Casa da Cultura, Rianxo |
||||
|
Directores: José Angel Docobo Durántez Salvador X. Bará Viñas
Secretaria: Josefina F. Ling Ling
Coa colaboración de Santiago de Compostela
|
Xa podes matricularte!
INFORMACION xeral e matrícula: http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm Prezo:Taxa xeral: 120 euros/ Taxa reducida: 70 euros (estudantes de calquera universidade, PDI/PAS USC) Matrícula: Do 21 de Maio ao 27 de Xuño Validez académica para estudantes da USC: 2 créditos de libre configuración Recoñecemento de interese por parte das Consellerías Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Innovación e Industria da Xunta de Galicia: en trámite Enderezo de contacto: oafana@usc.es |
||||
|
|
|
|
|
||
| Información facilitada polo Concello de Rianxo | |||||
|
OBXECTIVOS Facilitar a posta ao día das e dos participantes sobre o problema da Contaminación Lumínica, contemplando as súas causas, as súas consecuencias enerxéticas, científicas, culturais e medioambientais, as solucións viables e as estratexias para a concienciación social e institucional sobre o problema. Promover o encontro dos axentes sociais interesados na recuperación da observación do ceo dende a vida cotiá, como ferramenta educativa e de dinamización, coa perspectiva de non renunciar a facer Astronomía dende espazos actualmente lumínicamente contaminados |
|||||
|
PROMOVIDO POR |
|||||
|
PROGRAMA (se queres baixar o pdf preme aqui)
Día 8 de Xullo: 16:00 Inauguración do curso 16:30 a 17:30 Iluminar ben para ver mellor. Mesa redonda sobre aspectos técnicos da Contaminación Lumínica (con coloquio posterior de 30 minutos) Interveñen: Víctor Costa Boronat (Investigador do CSIC), Xoán Ramón Doldán García (Profesor do departamento de Economía Aplicada da USC), José Gil de Bernabé (Especialista en técnicas medioambientais da Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) 18:30 a 20:00 A Astronomía como recurso sociocultural (I) Obradoiro de Introdución á Astronomía, con Pedro Pablo Campo Diaz e Andrea Rodriguez Lalín (colaboradores do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC) 22:30 a 02:30 Actividade nocturna de Observación Astronómica
Día 9 de Xullo: 16:30 a 17:30 Luces da cidade. Mesa redonda sobre iluminación e vida cotiá nas nosas cidades e vilas (con coloquio posterior de 30 minutos) Participan: Antonio Martínez Neira (Presidente da Asociación Veciñal "A Xuntanza" de Santiago de Compostela), Mercedes Rosón Ferreiro (Concelleira Delegada de Urbanismo e Vivenda do Concello de Santiago de Compostela), Modesto Xosé Toribio-Rodríguez Redondo (Membro directivo do padroado da Fundación Santiago Centro "Centro Comercial Aberto"), Alvaro Daviña (Técnico de Iluminación), Amancio Losada (Arquitecto urbanista) 18:30 a 20:00 A Astronomía como recurso sociocultural (II) Obradoiro de técnicas de observación e manexo de telescopios, con Josefina F. Ling (Profesora de Astronomía da USC e membro do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller") 22:30 a 02:30 Actividade nocturna de Observación Astronómica
Día 10 de Xullo: 16:30 a 18:00 A Astronomía como recurso sociocultural (III) Obradoiro de Software libre para Astronomía, con Rubén Díez Lázaro (Técnico de investigación da USC e membro do Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela) 18:30 a 20:00 A Astronomía como recurso sociocultural (IV) Obradoiro sobre como organizar actividades de Astronomía na rúa, con Salvador X. Bará (Profesor da área de Óptica da USC, coordinador do programa "Astronomía na beirarrúa") 22:30 a 02:30 Observación astronómica nocturna co-organizada coas asociacións da vila
Día 11 de Xullo: 16:30 a 18:00 A cidade mira ao ceo: Presentacion de programas da USC
José A. Docobo (Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller)
Salvador X. Bará (Profesor de Optica da USC, coordinador de "Astronomía na beirarrúa") 18:30 a 20:00 Rianxo a todas luces: A vila de Rianxo. Fernando Lavandeira (Técnico de cultura do Concello de Rianxo) 22:30 a 02:30 Observación astronómica nocturna co-organizada coas asociacións da vila
Día 12 de Xullo: 10:00 a 11:00 Asociacionismo astronómico, contaminación lumínica e participación social Mesa redonda con Asociacións astronómicas (con coloquio posterior de 30 minutos) Participan: Carlos Herranz Dorremochea (Presidente de Cel Fosc, Asociación contra a Contaminación Lumínica), Francisco Javier Vázquez Rodríguez (Secretario do Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela), Ricardo Moreno Valdepérez (Presidente da Asociación Astronómica de Vigo), José Antonio Álvarez Rodríguez (Secretario da Asociación Astronómica de Ourense) 12:00 a 13:30 Clausura do curso 1.-Presentación da Iniciativa Starlight e a Declaración de La Palma Por Cipriano Marín Cabrera (Coordinador da Iniciativa Starlight 2007 (IAC-UNESCO), Secretario Xeral do Centro UNESCO de Canarias). 2. Palabras de clausura
Obradoiros de Astronomía e Actividades astronómicas nocturnas A cargo de membros do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" (Pedro Pablo Campo Diaz, Andrea Rodriguez Lalín, Josefina F. Ling e José Angel Docobo) e de persoal da USC participante no programa "Astronomía na beirarrúa" (Rubén Díaz Lázaro e Salvador X. Bará)
|
|||||