Astronomía na Beirarrúa

Observación na Praza Roxa

Santiago de Compostela, 29 de novembro 2006

 

Aquí tedes algunhas fotos da actividade que fixemos o 29/11/2006 na Praza Roxa (Barrio do Ensanche) de Santiago de Compostela. Inicialmente estaba prevista para o día 15, pero aprazámola debido ao mal tempo.

 

Fai clic nas fotos para velas de maior tamaño

 

 

 

 

Cartel

versión en pdf (135 K)

 

 

 

 

 Dúas rechamantes fotos da Lúa obtidas por James López, con habilidade e paciencia, enfocando a traverso do ocular do refractor de 90 mm coa súa cámara dixital (fai clic nelas para velas de maior tamaño)

As imaxes están en formato jpeg moi comprimido, e sen procesar

 

Se queres saber máis sobre astronomía, na rede podes atopar case todo o que precisas. Hai un montón de xente que estará encantada de axudarte: busca clubes de astronomía, asociacións e foros de debate... Seguramente hai algún grupo de astrónomas/os aficionadas/os no teu barrio ou vila. Ponte en contacto! 

Visita o blog http://astronabeira.blogspot.com/