Astronomía na beirarrúa

 

Que é ?

     "Astronomía na beirarrúa" é unha iniciativa para promover a afección pola astronomía dende os espazos de vida cotiá dos barrios da cidade de Santiago de Compostela, como xeito de achegamento á ciencia dende o lecer, desenvolvida en estreita colaboración coas entidades do tecido asociativo veciñal.

Quen a promove?

     Persoas vencelladas por profesión ou afección ao mundo da astronomía, e relacionadas co movemento asociativo. Esta acción forma parte do Programa de Cooperación Cultural da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela e desenvólvese en convenio con diferentes entidades e institucións.

Que actividades se realizan?

    Observacións do ceo abertas á participación veciñal nos lugares nos que se desenvolve a vida cotidana das persoas, obradoiros informativos, preparación e difusión de software libre con aplicacións xeralistas e específicas para astronomía, espallamento das novas tecnoloxías de apoio á astronomía amateur (imaxe dixital, recursos na web...), posta en contacto das persoas interesadas coas asociacións astronómicas galegas, etc.

Contacta con nós!

   Podes poñerte en contacto con nós enviándonos un correo a

Entidades coas que colaboramos na  organización de actividades

 

Entidades que desenvolven o Programa de Comunicación e Sensibilización Social da Ciencia.

 

Agradecemos a axuda de

We acknowledge the support given by

 

European Southern Observatory

 

Agrupacion Io

 

        volta ao blog