Axudas do IGAPE para proxectos en software libre
O Igape, mantendo a liña seguida estes últimos anos, inclúe dentro das súas axudas económicas para empresas galegas unha convocatoria de subvencións a fondo perdido para proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.
Para optar a estas axudas a peme desenvolvedora debe presentar un proxecto de parametrización dunha aplicación de xestión empresarial libre (con licenza GPL, LGPL, MPL ou BSD). Deberá contar coa participación de cando menos 5 empresas nas que desenvolverá a fase de ensaio e adaptación. Unha vez acadado o obxectivo desta fase procederá á implantación nestas empresas ademais de establecer un compromiso de cesión e adaptación gratuíta noutras 10 empresas galegas máis polo menos.
(…)
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de maio.
Para máis información contactar coas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de http://www.igape.es ou en informa igape.es
Fonte e máis información: Nova do 25 de Abril de 2.008 en Mancomun.org
Ligazón destacada: Ficha da Axuda en Igape.es
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
Palabras chave (2)
