CIS - Centro de Innovación e Servicios de Galicia

A creación do CIS (Centro de Innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía) iniciouse coa decisión da Xunta de Galicia de construír un centro de referencia do mundo empresarial que contribuíse ao seu desenvolvemento, como facilitadores de actividades de I+D, a difundir o deseño industrial e a cultura tecnolóxica nas empresas, ao tempo que se potenciaban infraestruturas de alto valor engadido que contribuísen á dinamización dunha bisbarra especialmente afectada pola reconversión industrial.
O proxecto global é o de orientación á demanda empresarial, dándolles resposta ás necesidades reais da empresa en materia de innovación, cunha clara vocación de servizo, actuando tanto coas empresas individuais coma con asociacións empresariais ou sectoriais e entes pertencentes á comunidade autónoma.
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
