Centro Multimedia de Galicia

A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, xestiona e coordina proxectos multimedia e audiovisuais prestando servizos horizontais á Administración pública. No Centro Multimedia de Galicia centralízase a infraestructura necesaria para dar cobertura a estes servizos aportando a súa experiencia e profesionalidade.
O Centro Multimedia de Galicia actúa como centro coordinador e dinamizador da Rede de Centros de Comunicación, formada pola Rede de Aulas Multimedia de Galicia e a Rede de Telecentros de Comunicación, para garantir o mantemento e a total operatividade.
A Rede de Centros de Comunicación constitúese como un medio de comunicación audiovisual necesario para levar a cabo o seu obxectivo fundamental: acercar aos cidadáns galegos o acceso ás novas tecnoloxías da información e as comunicacións a través de Programas de Formación multimedia e audiovisuais, que responden ás novas demandas: desenvolvemento de páxinas web, vídeo en Internet, CDs interactivos, educación a distancia e arte dixital.
A través dos Centros de Comunicación pódese realizar calquera evento que promova o audiovisual galego. Asimismo o Centro Multimedia de Galicia implementou un sistema de teleformación presencial distribuído nos Centros de Comunicación.
A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, ofrece ao cidadán unha ampla oferta multimedia e audiovisual e abre unha vía de comunicación tecnolóxica coa Administración Autonómica que lle permite impulsar e asumir proxectos innovadores que ofrezan solucións de interese para a cidadanía galega.
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
