Inicio » A Aula » Tecnoloxía » Spip » ESTRUTURA DO SITIO



ESTRUTURA DO SITIO
Versión para imprimir
  Versión en PDF  e-mail 


Publicado: martes 28 de xullo do 2009

Actualizado: luns 1 de marzo do 2010

Popularidade: 2 - visitas: 128

Autor

A instalación de SPIP é particularmente simple con respecto a outros sistemas ao non ser necesario ningún tipo de coñecemento técnico en particular (nin PHP, nin MySQL) para proceder á súa instalación. Só é necesario un espazo de aloxamento web normal que teña unha base de datos MySQL e que poida executar PHP.

A configuración faise directamente “en liña”, a través dunha interface gráfica moi simple (non é necesario modificar ningún ficheiro de configuración con códigos complexos).

Un sitio SPIP constrúese mediante unha estrutura xerárquica de seccións e subseccións (semellantes aos tradicionais cartafoles), radicadas na raíz do sitio que recollen artigos, breves… Deste xeito, cada sección só depende dunha única sección (e non de varias) e, ademais, non pode depender dunha das súas propias subseccións (é dicir, SPIP non permite as estruturas circulares). Só os administradores poden crear, modificar ou suprimir seccións.

O obxecto principal que permite publicar a información con SPIP é o artigo. A súa redacción é moi simple ao desenvolverse mediante unha interface gráfica vía web. Un artigo está constituído por varios elementos que permiten estruturalo: título, antetítulo, subtítulo, descrición, epígrafe, texto principal, post-scriptum. Tamén se poden incluír imaxes, logos e documento anexos. Con respecto a súa situación editorial no sitio web, un artigo pode presentar diferentes estados, que só poden ser modificados polos administradores:

Como complemento aos artigos, SPIP integra un sistema de breves que facilita a publicación de notas curtas de información. A estrutura das breves é máis simple: un título e un texto que pode ser completado cun enlace de hipertexto. Outra diferenza con respecto aos artigos é que só poden publicarse nas seccións de primeiro nivel.

A xestión dunha breve é máis sinxela que a dun artigo ao non ter autor. O seu estado (só modificable polo administrador) pode ser:

Ademais, SPIP integra un sistema de foros que se poden asociar coas seccións, artigos ou coas breves e que permiten realizar contribucións por parte dos visitantes do sitio web. Así mesmo, SPIP integra un sistema de foros privados, dedicados á discusión entre os diferentes usuarios do sitio no espazo privado. SPIP permite elixir a xestión dos foros públicos do sitio (os foros internos para a xestión do sitio sempre funcionan como foros abertos a tódolos redactores, e moderados a posteriori):

• Desactivar os foros públicos: desaparece a interface de envío de comentarios, e os comentarios antigos xa non se verán (non se borran da base de datos, pero interrómpese a súa publicación). Esta opción suspende o funcionamento dos foros.

• Foros moderados a posteriori: os comentarios móstranse desde que son enviados polos usuarios. Os administradores deben utilizar a páxina de seguimento dos foros de SPIP para moderar as mensaxes. Este é o modo predefinido.

• Foros moderados a priori: os comentarios dos usuarios gárdanse, pero non se publican. Os administradores deben utilizar a páxina de seguimento dos foros de SPIP para validar (ou rexeitar) cada mensaxe.

• Foros accesibles por suscripción: os usuarios que desexen participar deben inscribirse facilitando a súa dirección de email, recibindo o seu identificador nesa dirección.

Outro elemento importante son os sitios referenciados ou enlaces con outros sitios relacionados cos contidos do sitio. Adicionalmente, pódense crear sitios sindicados que permiten recibir automaticamente as últimas publicacións doutros sitios mediante a suscripción á RSS dos mesmos.

Ademais, pódense crear palabras craves que salvan a limitación da estrutura xerárquica do sitio que circunscribe cada artigo a unha soa sección, o que en ocasións causa dificultades de clasificación. As palabras crave ofrecen un medio de navegación transversal de forma que o visitante do sitio poderá navegar non só de sección en sección, senón tamén dende un artigo que trate sobre un tema a outro artigo asociado coa mesma palabra crave. En definitiva, asociando unha ou máis palabras crave a un artigo, disponse dun medio eficaz para crear enlaces con outros artigos de temática similar; pero situados noutras seccións. Só os administradores poden crear e modificar as palabras crave. As palabras crave poden asociarse, ademais, ás seccións, ás breves e aos sitios referenciados e sindicados.

SPIP tamén integra un sistema moi simplificado de estatísticas que permite avaliar e seguir o número de visitas do sitio e de cada artigo. Tamén permite saber cales son os sitios que enviaron visitantes ao sitio e a cada artigo.

Finalmente, posúe un completo soporte multilingüe para a xestión de traducións.

Toda esta estrutura xestionase a través dunha interface gráfica completa do sitio privado moi simple de utilizar:

• Esta interface adáptase en función das actividades de cada redactor ou administrador e en función da actividade do sitio. Así cada autor ten acceso rapidamente aos seus propios artigos e os artigos propostos para a publicación son sinalados a tódolos usuarios. Doutra banda a interface é diferente segundo se sexa redactor ou administrador.

• Cada usuario pode personalizar o seu interface elixindo entre unha interface simplificada que só ofrece as funcións principais e unha interface completa. Pode igualmente modificar un pouco a composición gráfica da interface.

• Cando un sitio acolle varios redactores, SPIP convértese nunha ferramenta de traballo cooperativa: debates en torno aos artigos, sistema de validación, traballo de varias persoas sobre un mesmo artigo…

Pola súa banda o sitio público construído con SPIP ofrece as características seguintes:


Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes


Foro

Enviar unha mensaxe

(-) Palabras chave (1)

Na mesma sección