Ferramentas informáticas para empresas. Interoperabilidade
As ferramentas informáticas coas que conta hoxe unha empresa deben considerarse un ben máis da mesma.
Deben ser eficaces, manexables, seguras e dirixidas a reducir custes. Os sistemas e as ferramentas informáticas coas que conta o tecido empresarial deben comunicar entre si, xa non só dentro da empresa, senón poder interoperar con clientes e Administracións.
A evolución das ferramentas Open Source Software (OSS) e estándares abertos, poñen a disposición do empresario aplicacións e paquetes que lle permiten integrar todas as áreas: xestión de almacén, produción, ventas, contabilidade, comunicacións e atención ó cliente.
Para que unha empresa resulte competitiva necesita adaptarse ós cambios tecnolóxicos.
As aplicacións e TIC que cada empresa necesita deben adaptarse ás necesidades, e a cada momento evolutivo da empresa. Unha empresa pode sufrir cambios que xeren novas necesidades.
Poder actualizar e adaptar as ferramentas que estean utilizando, sen custes, é de vital importancia.
A fluidez e rapidez no fluxo de traballo é outra das premisas que os empresarios necesitan. Así como presentar un interface de usuario amigable.
A unión de todos estes factores favorece a interoperabilidade.
Vantaxes das ferramentas informáticas para empresas
- Comunicación rápida e fluída entre departamentos, con clientes e Administracións.
- Busca de provedores e clientes.
- Seguridade, ante perda de información ou virus.
- OSS.
- Aplicacións integradas.
- Fluidez no fluxo de traballo.
- Novas estratexias de marketing (e-mail marketing, fidelizar clientes, …).
- Servizos e ferramentas web.
- Adaptación a novas tecnoloxías.
- Reducir custes.
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
Documentos adxuntos (1)
-
24 de xuño do 2010Versión optimizada para PDF(PDF - 185.1 KB)


