Inicio » Asesoría TIC » Fundación para o Fomento da Calidade (...)



Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
Versión para imprimir
  Versión en PDF  e-mail 


Publicado: luns 18 de setembro do 2006

Popularidade: 9 - visitas: 1323

Autor

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída en outubro de 1996 como entidade sen ánimo de lucro pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.


Os obxetivos da Fundación son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.

Como chave de acceso ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia, a Fundación contempla o desenvolvemento de plans de actuación orientados á formación de directivos, técnicos de empresas, posgraduados e a sociedade en xeral. Por elo, lévanse a cabo accións de divulgación e información a través de cursos, seminarios e ciclos de conferencias, con destino preferente ás PEMES, ao obxeto de cubrir as súas demandas e necesidades para, con elo, contribuír á mellora da súa competitividade.

Así mesmo, impulsa decididamente o desenvolvemento de proxectos empresariais e sociais encamiñados á mellora competitiva das nosas organizacións, a utilización da normalización, a certificación de productos e procesos e a incorporación competitiva á sociedade da información. Nesta liña, a Fundación pon o servicio das empresas e organizacións galegas toda a información disponible nos seus centros de documentación e a experiencia acumulada pola súa organización.

Finalmente, como práctica competitiva orientada á mellora continua e á prestación de servicios de calidade, a Fundación mantén e actualiza as vías de comunicación e relación con organismos nacionais e internacionais que teñan obxetivos coincidentes ou similares aos propostos.

http://www.fundacioncalidade.org


Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes


Foro

Enviar unha mensaxe

Na mesma sección