Inicio » Novas » Redeiras, a nova rede social 100% (...)



Redeiras, a nova rede social 100% software libre para o profesorado galego
Versión para imprimir
  Versión en PDF  e-mail 


A nova rede social será un espazo de encontro, de comunicación e colaboración entre os docentes


Publicado: martes 17 de abril do 2012

Popularidade: 17 - visitas: 2

Autor

AConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariavén de crearRedeiras, unha rede social, baseada 100% en software libre, para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc. como complemento á súa práctica educativa.

Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGGe LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.

Un espazo profesional

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería, nun entorno profesional e fiable.

Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

A nova rede social nace con expectativas dun crecemento continuo, tanto no número de usuarios como no número de funcionalidades, contemplando a posibilidade de futuras incorporacións de novos servizos e melloras nesta plataforma.

O proxecto Redeiras súmase así ao conxunto de ferramentas da web 2.0 que actualmente ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria á comunidade educativa.


Fonte: Mancomún, 10 de abril de 2012.


Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes


Foro

Enviar unha mensaxe

(-) Palabras chave (3)

Na mesma sección