SEMINARIO SOBRE ZENTYAL. SERVIDOR LINUX PARA PEMES
Día 26 de abril de 2012 de 16:30 a 19:30 horas
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o día 26 de abril, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre o servidor Linux para PEMES, Zentyal.
O obxectivo da xornada é a presentación desta plataforma de administración e dos principios que rexen o seu deseño:boas prácticas, integración de servizos, interface de administración unificada, configuracións probadas en múltiples contornos…Durante a presentación usarase unha instalación de Zentyal sobre a que se irán probando e resolvendo as posibles dúbidas sobre as distintas posibilidades presentadas.
A xornada vai especialmente dirixida ao persoal técnico, tanto do sector público como privado, que teña responsabilidades, exerza e/ou oriente a súa actividade no eido da administración de sistemas, así como a calquera persoa de perfil técnico con interese na temática.
O relator da xornada será José Juan Montes, Manager de Support Online Services en Zentyal. Experto en Zentyal, traballou previamente en varias compañías TIC en España e Reino Unido, participando entre outros proxectos no desenvolvemento de aplicacións de negocio e de ISP para R e Vodafone, sistemas de xestión documental (EMC Documentum), e na administración e deseño de sistemas informáticos baseados en software libre.
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo del local. Para obter un certificado de asistencia ao acto será obrigatoria a previa inscrición no mesmo.
Os certificados deberán ser solicitados o mesmo dái de celebración do evento.
O prazo de inscrición estará aberto do 26 de marzo ata o 25 de abril.
Paraconsultar os contidos a tratar e/ou INSCRIBIRSE no seminario, pique nesta ligazón
Fonte: Mancomún, 27 de marzo de 2012.
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
Palabras chave (2)
