Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación C.E.L.

SITE, a Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial, un innovador servizo liderado pola Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, a Obra Social de Caixa Galicia e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, e no que tamén participan a Confederación de Empresarios de Lugo, dispón de instalacións perfectamente equipadas para a realización de eventos ou demostracións sobre novas tecnoloxías aplicadas a plans de negocios empresariais.
SITE pón en marcha unha serie de melloras e novas funcionalidades que amplían a súa oferta de servizos e contidos online. Para poder acceder a todas elas só cómpre darse de alta como usuario, o cal permitirá:
· Inscribirse online nas diferentes actividades que se realicen nas instalacións de SITE, sexan xornadas de conferencias, seminarios, cursos, etc. sen ter que recorrer á chamada de teléfono ou envío de fax.
· ver novos contidos de acceso restrinxido con documentación sensible e de valor, como a referida a convocatorias e procesos de subvencións de entidades públicas, a nivel local, autonómico e estatal.
· obter a documentación sobre as diferentes ponencias escoitadas nos seminarios celebrados en SITE.
· acceso gratuíto a cursos sobre materias vinculadas ás novas tecnoloxías ós que se poderá acceder a través da plataforma de teleformación.
· recibir completa información referida á axenda de eventos de SITE ademais do boletín periódico de novas elaborado por SITE, no que hai información sobre as actividades do proxecto e sobre o eido das novas tecnoloxías en xeral.
· información de empresas TIC de Lugo, no catálogo que estamos a elaborar, con datos de contacto, liñas de actividade e máis datos de interese.
· facer chegar á dirección de SITE propostas de actividades, que serán estudiadas atentamente.
Rexistrarse como usuario é un proceso sinxelo e totalmente gratuíto.
Máis información: http://site.fundacioncel.org
Publicado por Aula TIC PEMEs da USC - http://www.usc.es/atpemes
