Entrada do web


Aula TIC-PEMEs da USC


Coñecemento ao servizo da sociedade.

Unha universidade completa e emprendedora con campus de crecemento equilibrado para dar resposta ás demandas da sociedade a través de servizos de calidade.



Misión da Aula TIC-PEMEs da USC

A Aula TIC-PEMEs da USC xorde no eido do Plan Estratéxico das TICs 2003-2006 elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tendo constancia da fenda dixital galega no ámbito da utilización das TICs, tanto na sociedade coma no tecido económico, e considerando esencial o papel da formación e o asesoramento como medio para subsanar este déficit nas PEMEs do noso entorno xeográfico, a USC pon en marcha a súa Aula TIC-PEMEs.

O obxectivo é axudar a correxir estas carencias desenvolvendo novos servizos e infraestructuras no campo das TIC, en colaboración coas outras iniciativas locais neste eido, de xeito que se reforce e diversifique a oferta, e isto estimule, á súa vez, a demanda por parte do tecido das PEMES.

A Aula TIC-PEMES da USC, estará a traballar en:

O obxectivo da Aula TIC-PEMEs da USC é deseñar e por en marcha iniciativas de formación e asesoramento de capital humano asociado ás TICs, e traballar na formación continua ó longo da vida laboral, a través da xeración de ofertas específicas que faciliten o acceso ós recursos e medios máis novedosos no ámbito das TICs.



Recoñecementos

Finalista nos premios Fundetec 2010, polo proxecto Dinamizadores TIC, na categoría "Mellor proxecto de entidade pública ou privada destinado a pemes, microempresas e autónomos"



(-) Artigos

Axenda

Maio - 2013

LMMXVSD
293012345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112