Valoración do claustro do día 19 de xaneiro, onde se aprobaron as liñas xerais do orzamento.
A sesión do claustro que se celebrou o 19 de xaneiro xirou arredor da cuestión financeira e orzamentaria. Debatéronse as consecuencias do novo plan de financiamento e as liñas xerais do orzamento da USC para o ano 2011. Durante o discusión aclarouse a posición da equipa de goberno no que respecta á homologación salarial coa universidade de Vigo. Na rolda de rogos e preguntas o reitor e a xerenta cuestionaron o carácter vinculante do Plan de Igualdade.
As razóns que forzan unha gran mobilización social, son obvias e están ben explicadas polos sindicatos (nos seus comunicados e na súa paxina web) e en moitos outros foros.
A Trabe presentará varias emendas ás liñas xerais do orzamento 2011, en particular unha emenda de devolución do texto. Entre as emendas particulares a Trabe propón rematar a equiparación salarial do PAS coas outras universidades do SUG e aplicar os compromisos orzamentarios no que respecta a acción social e formación.
Emendas presentadas polo colectivo nacionalista do PAS A TRABE ás liñas xerais do orzamento 2011. Insisten na necesidade de completar o texto presentado e emendado á totalidade, así como poñer en manifesto a oposición de A TRABE ao plano de financiamento e sustentabilidade da Xunta de Galicia.
O 22/12/2010 tivemos unha nova xuntanza de carácter ordinario cos seguinte puntos na orde do día: Información os representantes da TRABE no Consello de Goberno.
Achegámosvos o resumo da 2ª Sesión Extraordinaria do Consello de Goberno nque se desenvolveu o pasado 01/12/2010 á que asistimos os representantes da TRABE no Consello de Goberno.
Resumo do Consello de Goberno do 16 de novembro de 2010. Intervencións sobre o problema do financiamento, a prestación de servizos ao persoal xubilado, as bases para escolarización de nenos menores de 3 anos, o regulamento do Servizo de Publicacións e novas prazas de PAS.
O claustro do 26 de outubro celebrouse nun momento especialmente crítico para o futuro da USC. Aínda que a orde do día do claustro só incluía unha relación de puntos formais, abrollou o debate sobre o plan de financiamento, demandas de maior democracia interna e queixas sobre os primeiros pasos da nova equipa en relación aos dereitos dos traballadores.
Intervención da Trabe no debate posterior á lectura do informe do Reitor. A Trabe centrou a súa intervención nos aspectos de democratización e transparencia na información, actitude inicial da reitoría e xerencia con respecto aos dereitos dos traballadores e plan de financiamento.
O 26 de outubro desenvolvéronse dúas sesións do claustro universitario. Na primeira escolléronse representantes no Consello de Goberno e nas comisións do claustro. Na segunda, o reitor presentou o seu e informe. A Trabe interveu para denunciar a situación que crea o novo plan de financiamento, a necesidade de democratización da vida universitaria e os problemas que están a sufrir os compañeiros e compañeiras do CLM.
Estes días sufrimos unha comparecencia no Parlamento de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de universidades da Xunta, na que pretendía vender como un grande esforzo orzamentario o futuro plan de financiamento das universidades públicas galegas.


SOLUCIÓNS AO TEST: Coñeces realmente os reitorables? Sabes quen dixo o que?