A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Servizo Universitario de Residencias, pon á disposición dos estudantes do campus de Lugo este centro para permitir o aloxamento de alumnos, PAS, docentes... disfrutando das instalacións e os servizos que ofrece.
Esta residencia ten carácter mixto, e conta ademais con outros servizos como biblioteca, sala de informática con internet, lavandería... e acceso a internet desde calquera cuarto a través da rede senfíos da USC.
Para poder optar a unha praza nesta Residencia, debes consultar a convocatoria existente para cada ano académico e facer a solicitude.
Ademais na Residencia realízanse multitude de actividades ao longo do curso, moitas delas promovidas polas Bolsas de Colaboración: cursos de informática, obradoiros, educación medioambiental e participación medioambiental...