versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Departamentos » Biología Animal » Laboratorio de Hidrobiología
Seccións
Persoal
Investigación
Tecnoloxía
Publicacións
Proxectos e informes
Ligazóns
Home
Estación de campo

Ecoloxía trófica de Salmónidos

Bioloxía do Reo (Salmo trutta) en Galicia


Ecoloxía Trófica de Salmónidos

Troitas de diferentes idades    Os estudios do fluxo enerxético nos sistemas acuáticos oriéntanse cada vez mais cara a consideración de toda a conca hidrográfica como unidade ecolóxica integradora. A interdependencia dos seus diferentes elementos é interpretada polo concepto do contínuo fluvial asociado ao do ciclo espiral de nutrientes. Numerosos traballos mostraron que é posible aplicar a noción de grupos tróficos funcionais a nivel dos macroinvertebrados bénticos. Sen embargo, existen serias lagoas no coñecemento da función dos peixes en relación coas redes tróficas.

Capacidad de CargaOs cursos de auga de salmónidos son polo xeral oligotróficos, como corresponde á súa condición xeral de cabeceira de conca, ou como no caso de Galicia, á propia natureza dos terreos drenados. A principal fonte de alimento para a troita está constituída polos macroinvertebrados que aproveitan os detritos orgánicos alóctonos, fonte principal da enerxía que entra no sistema. Outra porción importante da dieta está representada polos aportes de fauna exógena, é dicir os elementos terrestres que caen á auga e que constitúen a deriva en superficie.

    Para un manexo correcto das poboacións salvaxes precisarse coñecer múltiples aspectos da súa ecoloxía e comportamento. Os datos sobre hábitos de alimentación e requirimentos enerxéticos considéranse esenciais para avaliar as condicións do hábitat e determinar aspectos relativos á producción ou á capacidade de carga.

Preparaciones de contidos estomacais    O crecente interese polos traballos de avaliación de hábitats, protección de especies e fomento de recursos naturais estimulou a aparición de novos enfoques nas técnicas de análise. Non obstante, os estudios do uso dos recursos alimentarios en poboacións salvaxes dos salmónidos en ríos españois son moi escasos e están centrados xeralmente no tipo e cantidade de alimento e na actividade alimentaria da troita, e ademais, ningún deles dedicase a análise cualitativa do recurso. Neste último caso, a rareza de estudios prodúcese a escala mundial, a pesar de que a calidade nutritiva do alimento é determinante na explicación de fenómenos como o comportamento territorial e social, os ritmos de actividade e estratexias migradoras, crecemento, fecundidade, etc.

Os obxectivos marcados nesta Liña de Investigación pódense resumir como segue:

    1.- Análise espacial e temporal da dispoñibilidade dos recursos dos ríos galegos con relación á base trófica da troita.

    2.- Estudio da dieta preferente da troita común en distintos ríos de Galicia.

    3.- Análise química do compoñente alimentario: valor nutritivo e balance enerxético.

    4.- Establecemento de Índices de Calidade da Dieta, capacidade de carga e accións de mellora.


Bioloxía do Reo (Salmo trutta) en Galicia

A troita común (Salmo trutta Linnaeus, 1758) é a especie da familia Salmonidae mais estendida no mundo.Capturadero de Reos no Río Ulla

Como consecuencia do seu importante grao de polimorfismo ligado á súa grande capacidade de adaptación, se describiron diferentes poboacións de troita como pertencentes a distintas subespecies (Salmo trutta fario, Salmo trutta trutta, Salmo trutta lacustris) ou mesmo como especies separadas. No que respecta ao reo, actualmente, a opinión mais xeneralizada é que o reo e a troita residente constitúen fraccións dun mesmo stock reproductor. Ademais, desde o punto de vista do movemento dos individuos entre as áreas de reproducción-alevinaxe e as de crecemento, a troita pode considerarase como unha especie migratoria e polo tanto a diferencia entre o reo ou troita de mar e outros ecotipos da troita común son mais de grao que de concepto. De tódolos xeitos hai que ter en conta o importante troco de medio que sofre o reo e os mecanismos fisiolóxicos que lle levan a soportar o cambio osmótico que representa pasar do medio fluvial ao mariño, fenómeno coñecido como esguinado ou "esmoltificación".

Marcaxe de reosNa práctica, non é fácil a distinción entre as formas ou ecotipos de troita, a causa das súas variacións morfolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas. Os adultos das formas residentes e migratorias son distinguíbeis pola súa aparencia cando os reos non levan moito tempo en auga doce ou ben mediante análise escalimétricos; pero os xuvenís de ambas formas non poden ser diferenciados. As troitas migratorias e as residentes poden reproducirse illadamente ou entrecruzarse, pero en todos os casos o seu proxenie será indistinguible ate o momento no cal aqueles destinados a ser reos sufran a transformación a esguins.

 

Marcaxe de reosA partir do uso das escamas podemos determinar (ate certo punto) a idade dos peixes, a súa fase vital e o número de reproduccións que realizou (e en que momento), permitindo tamén establecer o crecemento do individuo. O retrocálculo (unha técnica que utiliza un conxunto de medidas realizadas sobre un peixe nun momento dado, para inferir a súa lonxitude nun momento ou momentos anteriores) e o tratamento dos dados mediante paquetes estatísticos, permiten obter de cada peixe unha valiosa información sobre o seu ciclo vital e o seu estado actual.

 

Actualmente existe unha liña de investigación no noso grupo que busca paliar o descoñecemento que existe sobre ciclo vital das poboacións ibéricas (particularmente nas galegas) de troita anádroma. Os traballos efectuados ate a data comezaron a dar os seus froitos e conseguiuse describir, por primeira vez, o ciclo vital dunha poboación ibérica de troita anádroma a partir da captura, marcado e toma de datos dos reos en dúas estacións de captura do Río Ulla.

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00