Campus Virtual da USC
Blackboard (curso 2011-2012)
Todos os usuarios poden acceder dende xa á plataforma Blackboard co seu correo electrónico institucional e correspondente contrasinal, como en calquera aplicación da USC (secretaria virtual, correoweb, etc.).
Para docentes: para dar de alta cursos na plataforma é necesario entrar na plataforma e seleccionar o formulario na caixa “Herramientas”.
Para estudantes: asignaránselle as aulas virtuais das materias nas que estea matriculado no momento de acceder á plataforma.
Acceso á Blackboard (http://cv.usc.es)
Guía para o traslado de contidos entre aulas virtuais
Acceso a Moodle
No primeiro semestre experimentarase nun estudo piloto a nova plataforma. Para iso ábrese a posibilidade que un número de profesores participen no estudo piloto. A participación require que as persoas teñan algunha experiencia con esta nova plataforma e axuden á análise de necesidades durante o cuadrimestre colaborando nos cuestionarios e entrevistas de estudo. As persoas interesadas poden solicitalo e seleccionarase a docentes que representen a materias de todas as grandes áreas de coñecemento. Dado que este proceso implica a creación de aulas e asignación de estudantes de forma manual o número de participantes limitarase a 20.
A solicitude presentarase nos rexistros da USC. |