versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual da USC » Curso 2009/2010
Curso 2009/10
Plan de implementación
Servidor de probas
Documentación
Preguntas frecuentes
• Formación
Consultas ao CeTA
Fai a túa Consulta ou suxestión
Chámanos con Skype máis información
Outros datos de contacto

Cambios no Campus Virtual da USC

O crecente uso do Campus Virtual da USC, xunto coas novas necesidades dos docentes e estudantes, fan necesaria unha actualización da aplicación que da soporte a este servizo. Por estas e outras razóns, estamos a implementar a última versión do software de servidor, que empezará a estar operativa co comezo do curso académico 2009/10.

Tendo en conta que a nova versión dispón de novas funcionalidades, que o entorno de traballo é diferente ao que se dispuña ata o de agora e que o traslado de contidos non é transparente é preciso dispor dun período de adaptación.

Plan de implementación:

1. Ata o inicio do curso académico 2009/10, está operativa para todos os/as docentes con conta "@usc.es" unha versión de proba do novo servidor, na que disporán, para facer probas, dunha aula virtual de desenvolvemento. Pode acceder ao servidor de probas neste enlace (recomendámoslle que teña a man o "manual para docentes" que ten dispoñible na documentación).

Dispoñibilidade do servizo en probas

Este servizo está en probas tanto para vostedes como para nós polo que a súa dispoñibilidade pode non ser continua, podéndose producir cortes sen aviso previo (tentaremos que sexan os menos posibles).

Todavía estamos a traballar na adaptación do aspecto do contorno de traballo á imaxe institucional da USC polo que poderán producirse cambios nas cores dos elementos, pero non na súa disposición en si.

Contidos das aulas virtuais en probas

A aula virtual resultante do seu traballo neste servidor en probas poderá ser trasladada á versión oficial definitiva do Campus Virtual, pero será un proceso que terá que facer vostede mesmo en persoa, do xeito que se lles indicará oportunamente.

2. Durante os meses de xuño, xullo e setembro ofertaranse cursos de formación no uso da nova versión do Campus Virtual, segundo un calendario que aínda está por determinar e do que se lles informará en breve.

3. Durante o curso 2009/10, e unicamente durante este ano académico, estarán operativas ámbalas dúas versións do Campus Virtual, de forma que os que desexen poidan seguir traballando na versión antiga. A partires do curso académico 2010/11 (incluido) soamente estará dispoñible a nova versión.

4. Durante o mes de setembro de 2009 programaranse cortes longos (varios días) no servizo do Campus Virtual, que nos permitan implementar a integración da nova aplicación coa antiga.

Ten máis información no apartado de Preguntas Frecuentes.